O líder da trama Gürtel ratifica no Congreso que tamén "traballou" para o PP galego
VÍDEO "Traballamos para Madrid, traballamos para Catalunya, traballamos para Galicia...", di Francisco Correa dende o cárcere ante a comisión que investiga o financiamento irregular dos conservadores
O PP segue adiante en solitario coa reforma sanitaria e desdeña as mobilizacións por "manipuladas" e "falseadas"
Os populares afirman que "os que están a poñer en risco a supervivencia" dos hospitais comarcais son En Marea, PSdeG e BNG, que reclamaron sen éxito a retirada do texto e a apertura dun proceso de "diálogo"
A reforma sanitaria blinda por lei pactos do Sergas co sector privado como o que a Xunta oculta ao Parlamento
As mudanzas da lei de saúde que este domingo sacaron milleiros de persoas á rúa en defensa da sanidade pública e contra os recortes van alén da supresión de áreas sanitarias. O Consello Galego de Saúde perde o dereito concreto de ser "informado" sobre "contratos de servizos sanitarios, concertos e programas de subvencións"
Milleiros ateigan Compostela contra os recortes e pola paralización da reforma sanitaria
"Despois desta manifestación, o que ten un problema é o señor Feijóo", advirte a plataforma convocante, SOS Sanidade Pública, tras o éxito dunha marcha que clamou contra o "desmantelamento" das áreas sanitarias, o "colapso" e a "privatización" no Sergas e amosou a unidade da oposición.
Xunta e PP enfróntanse á protesta contra a reforma sanitaria tentando facer ver que se basea en mentiras
Os populares centran a ofensiva contra a mobilización convocada por SOS Sanidade para este domingo, que se prevé masiva, en asegurar que os recortes que o colectivo censura realmente non existiron. A redución orzamentaria acumulada no orzamento sanitario roldou os 1.000 millóns durante a crise
O xuíz de Angrois imputa outros dous cargos de Adif e devolve o tren sinistrado a Renfe
O instrutor investiga estoutros dous cargos ao considerar que os delitos que atribúe ao principal imputado, xefe de seguridade no momento dos feitos, "poden ser extensivos" ao seus inmediatos subordinados.
"A planificación ferroviaria para Lugo é vergoñenta e o Goberno do PP renunciou a mellorala"
O PSdeG presenta unha "radiografía" das infraestruturas lucenses nas que resumen as súas demandas ao Goberno central en materia de tren e estradas. "Imos esixir un plan ferroviario para Lugo" que comece por "deixar de enganar á xente", aseguran
Así desapareceron da estatística do Sergas os peores datos de listas de espera de cada ano
O dato de agarda do terceiro trimestre era anualmente o máis incómodo para o Goberno, ao dispararse por reflectir os efectos dos peches de camas e da menor actividade cirúrxica no verán. A Xunta autorizouse a si mesma a suprimir información cunha lei aprobada en 2013
O traslado a Dinamarca do laboratorio de crustáceos alarga a derrota galega na pugna por sedes da UE
A decisión do Consello Europeo, de novo co visto e prace do Goberno de España, chega despois de que a Xunta defendese unha inexistente candidatura galega ao laboratorio europeo de bivalvos, que o Executivo central apoiou pechar
O PPdeG ataca a PSdeG e BNG por datos de abandono escolar que inclúen a etapa de Fraga
Galicia pechou o ano 2017 co dato de abandono escolar temperán máis baixo dende que hai rexistros, o 14,9%. Esta taxa non é unha foto fixa, senón que reflicte a situación da mocidade que rematou a ESO entre os últimos dous e oito anos. Os conservadores cargan contra o antigo Goberno de coalición polo dato de 2009
O PSdeG denuncia que o alcalde de Abadín leva 10 meses sen convocar plenos e o PP retruca que é moi votado
O pleno de Abadín non é convocado dende marzo de 2017 malia a lei que obriga a reunilo como mínimo cada dous meses, resalta o PSdeG local. "O que temos en Abadín é un alcalde que bate récords históricos de apoio dos veciños", alega a líder provincial dos populares, Elena Candia
A perda de poboación incha a baixada do paro en Galicia
A maior parte da baixada do paro coa que rematou 2017 non pode explicarse coa creación de novos postos de traballo. A caída de poboación en idade de traballar consolídase como problema no mercado laboral galego, no que a difícil inserción prolonga a etapa de estudos entre unha mocidade cada vez máis escasa