O PP intensifica a ofensiva contra a folga feminista do 8M: "É o máis machista que se pode facer"
Os movementos feministas galegos chaman a secundar o paro de mulleres e mais a manifestación previa do día 4 e toda a oposición reitera o seu apoio. O PP galego liga a convocatoria cunha suposta "guerra de sexos" e a dirección estatal do partido conclúe que se trata dunha "manifestación convocada por Pablo Iglesias"
O persoal da Xustiza en folga bótase á rúa e advirte á Xunta da súa capacidade de "resistir"
CON VÍDEO Unhas dúas mil persoas reclaman "transparencia, mediación do Consello Galego de Relacións Laborais e que se cumpra o mandato parlamentario" de poñer fin á "discriminación da Xustiza galega" co apoio de toda a oposición galega
O primeiro ano do novo 'cheque bebé' rexistrou a maior fenda entre nacementos e mortes dende que hai datos
GRÁFICOS INTERACTIVOS | Os datos definitivos de 2016 constatan que Galicia rexistrou 19.062 nacementos e 31.757 mortes. Menos dunha quincena de concellos resisten con saldos vexetativos positivos e a idade das nais continúa a aumentar alén dos 30 anos
Os Franco encomendan a unha inmobiliaria de luxo vender Meirás como "inmoble singular"
CON VÍDEO A inmobiliaria, con sede en Santander, defende que ten clientela interesada en "montar hoteis en propiedades históricas", o que sería "unha saída moi boa" para Meirás porque "podería visitalo todo o mundo"
A atención a infartos en Lugo seguirá pechada pola noite e "un terzo" dos doentes terán que ser trasladados
Os responsables do HULA revelan que dende a apertura da hemodinámica en 'horario de oficina' dous de cada tres doentes tiveron que ser enviados a outros centros. O hospital non é quen de precisar cando podería chegar a extensión do servizo ás 24 horas que Feijóo a prometeu na inauguración do centro, hai sete anos
O PP censura a folga feminista do 8 de marzo por ser "ideolóxica" e "atacar o capitalismo"
O PPdeG descualifica a convocatoria entre mencións a Cuba, Venezuela, Afganistán ou Corea e un argumentario distribuído pola dirección estatal da formación atribúelle a intención de querer quebrar o "modelo de sociedade occidental"
O Sergas ultima unha ampliación do horario de atención a infartos en Lugo tras sete anos de protestas cidadás
Feijóo prometera na inauguración do hospital lucense a apertura do servizo de hemodinámica antes da fin de 2011. O servizo inaugurouse en 2014 con atención en 'horario de oficina' e agora abrirá ata as dez da noite, medida que tamén se implantará en Ourense
O PSdeG levará a Xunta aos tribunais se nun mes non revela os datos de falecementos por infarto en Lugo
Álvaro Santos, secretario xeral do PSdeG lucense, advirte de que "se o PP segue a ocultar os mortos por infarto" para evitar abrir as 24 horas a unidade de hemodinámica do hospital, o partido acudirá ao TSXG para obtelos: "rematou a paciencia"
O Goberno de Rajoy incumpriu a Constitución coa súa lei para pagar ensino só en castelán en colexios privados
O Constitucional sentencia que o Executivo central invadiu competencias autonómicas co seu sistema de subvencións para o ensino privado en castelán, artellado sen "a mínima garantía de certeza xurídica" nin o "mínimo grao de obxectividade"
O FROB négase a informar o Parlamento sobre as súas operacións no rescate e venda de Novacaixagalicia
A entidade que executou a venda dos restos das grandes caixas galegas por encargo do Estado escúdase en que non está legalmente obrigada a colaborar co Parlamento galego para non achegar ningún dos documentos solicitados hai un ano, entre eles varios informes encargados a bancos internacionais
De Mesa gaña 156.000 euros no seu primeiro ano en Red Eléctrica, un 30% máis que na Garda Civil
A remuneración de Arsenio Fernández de Mesa no consello da eléctrica, ao que chegou dous meses despois de ser remudado como director da Garda Civil, practicamente duplica os soldos de Rajoy ou Feijóo
A Xunta ultima a chegada de persoal médico de fóra da UE mentres agroman as denuncias de precariedade no Sergas
O PP emenda a reforma da lei de saúde que o Goberno galego puxo en marcha malia ás intensas protestas e introduce cambios no texto en materias como o persoal ou a participación cidadá