2017, o ano en que volvemos arder
A actualidade de 2017 mudou de vez cando en outubro as lapas volveron estenderse por todo o país. Foi o ano do referendo catalán, pero tamén do aniversario do naufraxio do Prestige, da loita contra a violencia machista ou da continuación da batalla das vítimas de Angrois. Queda todo un mundo por contar.
Feijóo centra a mensaxe de fin de ano en presentar Galicia como antítese de Catalunya
CON VÍDEO O presidente da Xunta esixe "consecuencias políticas" para Catalunya e "incorporar" ao debate do financiamento autonómico "as amargas leccións dos recentes acontecementos" derivados do proceso soberanista
Un cento de novas para repasarmos 2017
CRONOLOXÍA INTERACTIVA Recuperamos as cinco informacións máis lidas de cada mes en Praza.gal e, con elas, conformarmos unha liña de tempo do ano que remata. Cen pílulas de memoria con grandes e pequenas noticias para levar ao 2018.
Audasa ben vale (non ir a) unha misa
CRÓNICA | Fronte ás críticas doutras ocasións aos alcaldes, desta volta Feijóo e Rajoy acudiron á inauguración de Rande á hora da ofrenda na Catedral, na que o presidente do Parlamento exerceu como delegado do rei
A Xunta, espectadora na inauguración de Rande que permitirá á AP-9 cobrar máis peaxe
Feijóo evita a transferencia da AP-9 no discurso do acto inaugural, no que os protagonistas da imaxe do día foron Rajoy e Ana Pastor. Os concellos do Morrazo non acudiron ao acto para lembraren que quedan obras sen facer e cuestionaren as peaxes e a seguridade
Os herdeiros de Carmen Franco quedan coa demanda das esculturas do Mestre Mateo e co conflito de Meirás
A filla do ditador faleceu aos 91 anos do cancro que padecía. A demanda interposta polo Concello de Santiago para recuperar as esculturas xa foi admitida a trámite por un xulgado de Madrid
Un improbable pacto do PP coa esquerda, única fórmula para que triunfe a censura no Concello de Lugo
O rexeitamento da cuestión de confianza á que a alcaldesa ligou o Orzamento de 2018 abre un prazo dun mes para a formulación dun eventual goberno alternativo que pasaría, necesariamente, polo pacto dos populares con Ciudadanos e, cando menos, tamén con Lugonovo, o BNG ou ACE
Feijóo ofrece outra vez ao PSdeG o liderado da oposición se pacta co PP
O presidente e o secretario xeral socialista, Gonzalo Caballero, manteñen o seu primeiro encontro oficial, no que o primeiro lembra a “cómoda” maioría da que dispón
A Generalitat asinou o mesmo pacto que o Sergas cunha empresa americana e publicou a parte que a Xunta oculta
A parte do convenio con Medtronic que o Sergas se nega a revelar para non prexudicar o "segredo comercial" da multinacional foi divulgada en internet polo Institut Català de la Salut. Ambos convenios son presentados como acordos sen achega económica, pero a sanidade pública dá en asumir gastos
A Xunta paga polas prazas en residencias privadas de maiores un 8% máis que polas públicas
Galicia destaca na estatística do IMSERSO polo protagonismo esmagador das residencias privadas fronte ás que dependen directamente da Xunta. Cada praza concertada supón para a Administración uns 1.000 euros máis ca unha pública
Xunta e Goberno central sabían dende xuño que o xacemento paleolítico de Vilalba estaba á venda
O pasado 6 de xuño o Servizo de Patrimonio Cultural da Xunta "comunicou" a Facenda que no predio que xa tentara vender dúas veces existían "dous xacementos arqueolóxicos". Ante a mobilización política e social o Ministerio "desistiu" da venda e vaino ceder ao Concello de Vilalba
O PP ficaría fóra do Parlamento catalán cunha lei electoral como a galega
Co limiar do 5% fixado polo PP de Manuel Fraga as forzas minoritarias do Parlament, PP e CUP, serían as máis prexudicadas, e as maioritarias seríano aínda máis