O Entroido volve tornar en campo de batalla pola liberdade de expresión, agora en Santiago
O actor e dramaturgo Carlos Santiago interpretou no pregón da festa un dos seus personaxes máis clásicos, unha sátira do apóstolo. Días despois do acto, varias publicacións, o PP e a Igrexa atacaron o actor e o goberno local acusándoo de ofensas
'A derradeira leición do mestre', rumbo a Galicia: "contemplalo xa é unha toma de conciencia"
A Xunta e o Centro Galicia de Bos Aires asinan o convenio que permitirá que a obra saia da Arxentina por primeira vez e forme parte dunha exposición sobre Castelao na Cidade da Cultura
O Goberno de Rajoy imita a guerra lingüística de Feijóo en 2009 ante a ameaza electoral de Ciudadanos
Antes das eleccións de 2009 o PPdeG alertou dun suposto "conflito lingüístico sen precedentes" e Feijóo prometeu unha "casilla en el sobre de matrícula" para que as familias determinasen a lingua do ensino, como suxire agora o Goberno central ao abeiro da aplicación a Catalunya do artigo 155
Así manipula o Goberno central a Constitución e a lei galega para vetar o traspaso da AP-9
A explicación constitucional que o ministro de Fomento dá ao bloqueo non se corresponde co que indican a Constitución nin o Regulamento do Congreso e obvia a ausencia de impacto orzamentario directo da lei aprobada en Galicia por unanimidade
Fomento teima en defender o veto ao traspaso da AP-9 cun cálculo económico falso
CON VÍDEO O ministro De la Serna recupera nunha resposta a En Marea o argumentario económico que non se corresponde co eventual custo real do traspaso nin co texto da lei aprobada en Galicia por unanimidade para solicitalo
O PP traslada a súa tensión interna ao financiamento autonómico tras catro anos a incumprir a lei que o regula
Para cumprir a lei o novo financiamento tería que estar en marcha dende 2014. Feijóo di estar ledo porque non vai haber quitación de débeda a outras autonomías e Montoro rebaixa o seu entusiasmo: "se saen satisfeitos, pois estupendo; pero iso non quere dicir que non reestruturemos a débeda
A Xunta destina 400.000 euros de I+D+i a gastos da demanda pola mina de Corcoesto
O Goberno galego financiará con fondos da Axencia Galega de Innovación o convenio co Goberno central para que a Avogacía do Estado asuma o litixio internacional impulsado pola mineira canadense Edgewater contra a cancelación da explotación de ouro que pretendía instalar en Cabana de Bergantiños
"A prisión permanente é unha medida propagandística que non afecta á redución de delitos graves"
O Goberno de España inicia o proceso para aumentar os delitos susceptibles de seren castigados coa cadea perpetua revisable. O voceiro en Galicia de Xuízas e Xuíces para a Democracia, Xermán Varela, alerta de que por tras desta figura punitiva está "a mesma filosofía que na pena de morte: eliminar unha persoa da vida social de forma completa e para sempre"
A Xunta oculta contratos por 800 millóns nun ano tras facelos públicos só unha semana
Os contratos menores supuxeron no primeiro ano en que foron públicos, o 2016, o 47% dos máis de 1.845 millóns que sumaron todas as contratacións da Administración galega. A Xunta alega razóns técnicas para borralos mentres outras Administracións, como algúns concellos, os manteñen publicados
Ana Miranda volve ao escano do BNG na Eurocámara coa investigación de Angrois como prioridade
A representante do BNG recolle na Xunta Electoral a súa acta de eurodeputada como paso previo á volver tomar posesión do escano o 28 de febreiro en Bruxelas
O relato en primeira persoa de ter un infarto en Lugo fóra de 'horas de oficina': "tiven sorte de aguantar a viaxe á Coruña"
Un lucense que sufriu un infarto ás sete da tarde reaviva cunha carta aberta a denuncia sobre a atención a estas doenzas na unidade de hemodinámica do Hospital Lucus Augusti, anunciada pola Xunta para 2011 e aberta en 2014 con horario parcial
O PPdeG acusa a oposición de querer "beneficiar" asasinos e terroristas coa derrogación da prisión permanente
Paula Prado asegura que En Marea, PSdeG e BNG están "do lado dos verdugos e non das vítimas". Os grupos da esquerda censuran que os conservadores fagan "populismo punitivo" e "utilicen a dor das vítimas"