O Sergas volve encargar o mantemento á empresa que cometeu "incumprimentos sistemáticos" no anterior contrato
O Consello de Contas certificou que a privatización centralizada do mantemento dos equipos electromédicos empeorou o servizo e apenas logrou o aforro que invocaba a Xunta. Os dous últimos contratos obtidos por Iberman en Vigo e Pontevedra-O Salnés suman algo máis de 300.000 euros
O ritmo de baixada do paro acelera en Galicia e o de creación de emprego redúcese
A cifra de desemprego é a máis baixa dende 2010, pero hai unhas 85.000 persoas menos a traballar que a comezos da década. O emprego redúcese a un ritmo interanual tres veces e medio maior do da creación e emprego, o que afonda na redución do mercado laboral galego
Unha ducia de concentracións lanza a "gran mobilización en defensa da sanidade pública" fronte á nova Lei de Saúde
"A única forma de parar esta reforma inxusta é a mobilización masiva", di SOS Sanidade, que lembra o precedente da retirada da lei de acuicultura grazas ás protestas. A plataforma e a oposición ven na redución de áreas o inicio do "desmantelamento" dos hospitais comarcais, que a Xunta nega
Galicia concentra un terzo das hectáreas ardidas en todo o Estado durante 2017
En todo o Estado arderon durante 2017 algo máis de 178.000 hectáreas, segundo o Ministerio de Agricultura, e en Galicia a estimación provisional ata novembro achegábase ás 62.000
Acosada polas cámaras tras padecer e denunciar a agresión clave na resolución do asasinato de Diana Quer
O xulgado de Ribeira vén de verse obrigado a intervir ante a petición de axuda da muller que foi agredida en Boiro polo asasino confeso da moza madrileña. Algúns medios, asegura, fan garda ante a súa casa
As mortes ligadas á gripe en Galicia acadan os máximos niveis do século tras décadas de descenso
A tempada 2016-17 rexistrou o maior número de falecementos pola gripe dende a posta en marcha do actual sistema de control, a comezos da década. O Sergas insta a tomar os datos con cautela e Sanidade nega o "colapso" asistencial que denuncian sindicatos médicos e pacientes
Feijóo pide máis intervención do Estado nas autonomías tras unha década sen novas competencias para a Xunta
O xefe do Goberno galego pide intervención estatal en ámbitos centrais das competencias autonómicas, como educación e sanidade, tras a reapertura do debate sucesorio no PP e en pleno rexurdimento das voces que apuntan cara ao seu paso á política estatal
Os policías detidos polo roubo de armas en Ourense quedan en liberdade baixo fianza acusados de homicidio
A xuíza instrutora foi quen de conectar o roubo de seis pistolas co suicidio dun axente e a difusión de notas anónimas que acusaban outros policías de suposto trato de favor a 'narcos'
En Marea definirá nun plenario en marzo como vai "apoiar" as mareas municipais cara a 2019
A coordinadora de En Marea resalta que o seu obxectivo é "apoiar a consolidación de espazo de unidade popular e dos gobernos do cambio"
Medra o temor ao "desmantelamento" do tren Ferrol-Ribadeo por mor da acumulación de avarías e atrasos
Só na última semana suspendéronse servizos entre Ortigueira e Cerdido e de Ferrol a Ribadeo e Ortigueira; ademais, interrompeuse por avaría o percorrido do 'Rexional' de Oviedo a Ferrol
A carreira cara ás municipais xa atravesa a política galega
O PP, as mareas municipais e o BNG celebran actos coa vista posta nos comicios locais e o PSdeG pecha a súa renovación interna para centrar enerxías na carreira preelectoral
- Feijóo vese obrigado a frear o debate da súa sucesión e a fuga de votos a C's
- As mareas reivindícanse como "único espazo que pode disputar a hexemonía ao PP"
- O BNG activa a "estratexia electoral" municipal con especial atención ás cidades
- Caballero presenta un "novo PSdeG" que aspira a "retirar a Feijóo e a Baltar"
Dez días sen teléfono en pleno Courel: "despois enchen a boca a falar de abandono do rural"
Dende o 8 de xaneiro a "avaría masiva" afecta á telefonía fixa e aos servizos móbiles de voz e datos. "Sentímonos abandonados, temos os mesmos dereitos e pagamos igual que todos", di a veciñanza