O Constitucional tomba a lei galega que regula as adopcións de fillos dende hai unha década
A regulamentación das adopcións e da autotutela incluíuse na lei de dereito civil de 2006, aprobada en Galicia por unanimidade. O TC considera que a autonomía galega "non posúe competencia" para lexislar neste eido nunha sentenza da que discrepan formalmente dous maxistrados
O veto do PP impide tramitar a lei para garantir que o galego poida ser usado no eido económico
Os conservadores non ven "necesaria" a iniciativa lexisaltiva popular promovida pol'A Mesa e apoiada por máis de 28.000 persoas porque podería crear "un efecto contrario ao desexado" e impediron que chegase a tramitarse
Sociedades de Radioloxía alertaron de riscos para a sanidade pública no pacto do Sergas cunha multinacional
A Sociedade Española de Radioloxía advertiu a Xunta de que estaba a "fragmentar a igualdade dos pacientes" ao asinar un acordo no que un TAC e unha resonancia poden ser usados só nunha parte do hospital
Formoso liderará o PSdeG na Coruña e Pachi Vázquez cae na primeira volta en Ourense
O presidente da Deputación coruñesa chama a "traballar cara ás eleccións municipais" e ve a vitoria produto dun "partido de compañeiros e compañeiras", non de "baronías". O alcalde de Amoeiro foi o máis votado en Ourense e competirá na segunda volta coa deputada Noela Blanco, que quedou en segunda posición
A Xunta pon cartos e persoal no pacto secreto que permite a unha multinacional actuar en hospitais públicos
A parte pública dos acordos con Medtronic que o Sergas nega á Asociación de Pacientes do CHUS indica que non existe "achega económica", pero o anexo que Sanidade oculta indica que o hospital público "corre cos gastos" de varias áreas do convenio
O Sergas oculta a pacientes o pacto que permite a unha multinacional estadounidense actuar en hospitais públicos
A Xunta négase a revelar á Asociación de Pacientes do Hospital de Santiago o contido concreto dos convenios asinados para catro anos coa empresa Medtronic apelando á necesidade de protexer o "segredo comercial" e a "propiedade industrial" da compañía americana
Fomento di ter "compromiso" co AVE de Lugo a Ourense que xa desbotou construír
O Ministerio desbotou esta liña nos Orzamentos de 2017 e Adif xa lanzou as obras alternativas. Santos (PSdeG) dá por constatado "que non vai haber AVE a Lugo e que o PP engana e despreza os lucenses" cunha liña que Feijóo chegara a prometer construír "con cartos da Xunta"
Feijóo anunciou que Galicia optaría ao laboratorio europeo de bivalvos sen facer "ningunha petición" á UE
A Comisión Europea confirma que "non recibiu ningunha petición" de traslado a Galicia deste organismo. España xa apoiara pechalo cando o presidente da Xunta solemnizou a candidatura para situalo en Vilagarcía, formulada sen ter en conta que Vigo vai acoller parte das competencias do ente suprimido
O xacemento paleolítico de Vilalba xa está fóra da poxa de Facenda
Facenda pechou a recepción de ofertas polo predio, trámite que ía manter aberto ata este 11 de decembro. A orde de frear a poxa partiu de Montoro tras advertilo En Marea de que estaba a vender un xacemento paleolítico e mentres Cultura do País anunciaba a intención de concorrer á venda
O PP obtén no Parlamento documentación para atacar gobernos municipais da esquerda
A deputada do PP que máis documentación pediu no primeiro ano foi Paula Prado, en todos os casos sobre o Concello de Santiago, onde foi edil e mais voceira na etapa de Conde Roa. Tamén obtiveron expedientes sobre Pontevedra e San Sadurniño
Facenda paraliza a poxa do xacemento paleolítico de Vilalba pola mobilización política e social
O Ministerio frea a venda tras advertir Fernán-Vello (En Marea) a Montoro de que estaba a vender "o xacemento paleolítico máis importante de Galicia". A Xunta dá por "confirmada" a paralización e o Concello de Vilalba amósase disposto a facer os trámites precisos para a cesión
A Xunta non deu á oposición a metade dos documentos que pediu no que vai de lexislatura
Os grupos da oposición levan formuladas 174 peticións de documentación. Case tres de cada catro das pendentes están xa fóra do prazo regulamentario de resposta, fixado nun mes. ENCE, listas de espera do Sergas ou datos sobre o galego no ensino son algúns dos papeis que a Xunta aínda non entregou