Isabel Tocino, carrusel de poder
PERFIL Fraga apostaba en 1989 por Tocino para sucedelo á fronte do PP, acabado de fundar, pero o elixido acabou sendo Aznar. A ex-ministra de Medio Ambiente incorporouse a ENCE cando a pasteira libraba a batalla por quedar en Pontevedra e en 2016 renovou como membro do seu consello, posto ao que agora suma a presidencia do Banco Pastor
Unha asociación de Lugo tentará mercar o xacemento paleolítico que Facenda poxa en Vilalba
Cultura do País lanza unha campaña para xuntar os fondos necesarios e concorrer á poxa, prevista por Facenda para o vindeiro 15 de decembro.
Facenda tentou vender outras dúas veces o xacemento paleolítico de Vilalba
O primeiro prezo de saída achegábase aos 11.000 euros e na terceira poxa xa non chega aos 8.000. O alcalde afirma que Pena Grande está protexido porque "está declarado Ben de Interese Cultural", pero a Xunta confirma que non ten esta declaración
O Ministerio de Facenda vende por 8.000 euros un xacemento paleolítico en Vilalba
O acubillo de Pena Grande, considerado o xacemento paleolítico máis importante do país, sae a poxa pública o vindeiro 15 de decembro dentro dun terreo resultante da unificación de varias leiras da parcelaria na contorna sen propiedade coñecida.
CRÓNICA | Un balcón espido fronte ao "máis grande de Galicia"
O malestar polas críticas á campaña da Xunta polo 25 de novembro acabou co PP dando en lanzarse contra a iniciativa 'En negro contra a violencia machista', impulsada en 2015 polo Concello de Santiago pero agora secundada por 75 municipios con gobernos de todas as cores, tamén populares
A Xunta anuncia medidas contra o lume aprobadas no Parlamento tras os incendios de 2006
O PP descualificou moitas das medidas que agora anuncia por seren parte das conclusións da comisión de estudo que daquela boicoteara, como actuar en predios abandonados, reforzar a cooperación cos concellos ou ampliar a marxe de manobra do Banco de Terras
Lores envía a Feijóo un libro con testemuños da violencia machista para que "entenda algo máis o problema"
Tellado mantén que "non lle gustaría" ver ao PP "criticar unha campaña para rematar coa violencia machista" despois de que o propio partido cargase contra a iniciativa 'En negro contra as violencias machistas'
A comisión que reforma o financiamento dos concellos reitera a súa aposta pola taxa turística
A presidenta do organismo, designada polo Goberno central, apoia que os concellos poidan aplicar a taxa a "todas" as estancias turísticas. "Xa existen estudos empíricos que apuntan a un moi escaso impacto negativo deste tipo de tributos sobre a entrada de turistas", di o seu informe.
Feijóo "supón" que Pontón non culpa a Xunta de "incentivar a violencia machista"
O presidente da Xunta "reitera o dito", pero agrega que "calquera plantexamento que moleste a calquera deputado ou deputada ten a miña desculpa por anticipado". A portavoz nacional do BNG pediu amparo ao presidente do Parlamento polas "intolerábeis" palabras de Feijóo.
Galicia rexistra máis de 2.000 denuncias por "falta de respecto" á Policía ao abeiro da 'lei mordaza'
Entre 2015 e 2016 as multas por estas "faltas de respecto" ás forzas de seguridade sumaron en Galicia máis de 350.000 euros. Nos primeiros dous anos de vixencia da norma as denuncias ligadas a este precepto da controvertida norma foron máis de 45.000
O PP reclama que Xunta e concellos asinen un pacto contra a violencia machista que xa está en vigor
Os conservadores aproban en solitario pedir ao Goberno galego acordar coa Fegamp medidas asinadas hai unha semana que actualizan un acordo de hai cinco anos
As "nove hectáreas de impunidade fascista" en Meirás, denunciadas na Eurocámara
O BNG impulsa a demanda de ilegalizar a Fundación Francisco Franco a través da comisión de peticións do Parlamento Europeo, que xa abordou asuntos vinculados a Galicia como o saneamento das rías ou o accidente de Angrois