Nove anos de inhabilitación e un de cárcere para o alcalde de Palas por acoso laboral
A Audiencia de Lugo condena o rexedor palense, o seu sucesor, ambos do PP e mais outros 4 edís ao dar por probada a "estratexia" de "acoso, menosprezo" e "humillación" á funcionaria e mais a utilización dun procedemento ilegal para tentar destituíla
ANÁLISE | As Medallas de Ouro de Galicia escoran á dereita
ANÁLISE Romay e Cavaco incrementan neste 2017 a clara preponderancia de cargos políticos ideoloxicamente afíns ou membros do PP que recibiron a máxima distinción da Xunta por motivo dos seus cargos institucionais
O PSOE formaliza a petición de investigar Angrois en vésperas do cuarto aniversario do sinistro
"O que estamos facendo é cumprir aquilo ao que nos comprometemos coa plataforma de vítimas", di Pilar Cancela tras ratificar o cambio de postura. En Marea admite que preferiría unha proposta conxunta, pero resalta que "imos cooperar para chegar ao que piden as vítimas"
Bombeiros e concellos revelan incendios forestais que a Xunta oculta
Medio Rural informou este martes dun único incendio en Ribas de Sil mentres outros dous obrigaban a cortar vías de comunicación principais na Coruña e Moaña e tres máis mobilizaban medios dependentes da propia Xunta no sur da provincia de Lugo
A memoria de Maruxa e Coralia, "resistencia e alegría" fronte á represión franquista
A lembranza das irmás Fandiño Ricart volve tornar neste 18 de xullo en símbolo da "dignidade" das vítimas da ditadura para "evitar o que tiveron en vida: escenas de desprezo"
A Xunta paga 40.000 euros ao ano polas bandeiras azuis das praias
O convenio coa entidade que asigna a bandeira supón a metade do orzamento de Medio Ambiente para "axudas á protección e promoción do patrimonio natural" e o seu custo aumentou máis dun 200% dende principios de século
A oposición tenta que Feijóo dea contas no Parlamento pola renuncia á lei do traspaso da AP-9
En Marea, PSdeG e BNG censuran que o presidente cuestionase os contidos da lei da transferencia que el mesmo votou no Parlamento galego. O PP acusa a esquerda de "non entender nada" e ínstaos a ter en conta as "ameazas de ruptura territorial do Estado"
Medio Ambiente financia un proxecto para "fomentar" a caza entre menores de 30 anos
O departamento de Beatriz Mato "reedita" o convenio coa Federación Galega de Caza, ao que achegou 25.000 euros en 2016 esta entidade para a mesma finalidade
O plenario de En Marea aproba as teses da coordinadora e mantén a Villares como voceiro
Os documentos defendidos polo grupo de Villares saen adiante na asemblea por algo máis da metade dos votos, mentres que os formulados por Recuperar En Marea roldan o 45% dos apoios
A Xunta informa tres días despois de cinco incendios simultáneos en Ourense
Medio Rural non informa por iniciativa propia de ningún incendio inferior ás 20 hectáreas se non está próximo a áreas habitadas
O PP acantóase no "non" á investigación política de Angrois no cuarto aniversario do accidente
As vítimas, molestas por que os populares atribúan á oposición peticións delas como a apertura dunha comisión parlamentaria ou a asistencia á súa manifestación do vindeiro día 24, que o PP santiagués xa desbotou publicamente. Vídeos no interior
Os sectores de En Marea miden forzas nun plenario clave para a unidade da formación
A actual coordinadora defende na cita asemblearia deste sábado a necesidade de reforzar a organización "como primeira forza da oposición" e os textos críticos rexeitan "reducilo a un partido clásico". A portavocía única ou colexiada, o réxime económico e as relacións coas mareas municipais, entre as principais fontes de discrepancia