24-M: Primeiro aniversario das municipais que mudaron a cor do mapa
Hai este 24 de maio un ano o PP padecía un fondo devalo en Galicia mentres emerxían as mareas e as forzas de esquerda que xa gobernaban afianzaban as súas posicións agás na cidade de Ourense.
Ferrol e Ourense, á procura de orzamentos municipais para a segunda metade do ano
A aprobación definitiva das contas municipais da Coruña deixa os concellos ferrolán e ourensán como únicas cidades que aínda non dispoñen das contas de 2016. Santiago e Lugo, tamén con gobernos sen maioría, sacaron adiante as súas contas entre abril e maio.
A Xunta anuncia o nacemento da Rede Galega de Parques Naturais, creada en 2007
O Consello aprobou esta semana un decreto que actualiza a regulamentación da rede, que existe dende tempos do bipartito. A SGHN pregúntase se "por descoñecemento ou porque está mal informado", Feijóo fai un anuncio "que non se axusta á verdade".
Así son os acordos internos das coalicións de En Marea e BNG para as eleccións xerais
A Xunta Electoral Central fai públicos por primeira vez os termos concretos das coalicións electorais, nos que se concretan aspectos como o funcionamento interno ou a asignación de subvencións electorais.
O tirapuxa entre Romeu e Leiceaga sobe de ton no inicio da campaña interna do PSdeG
Méndez ve a posible alianza de Leiceaga e Gonzalo Caballero como un pacto "de perdedores". Leiceaga lamenta que o seu opoñente empregue "argumentos propios de Feijóo ou Rajoy".
O Concello de Santiago insta a Xunta a atender ao xuíz e "colaborar" na atención a persoas sen fogar
O goberno compostelán dirixiuse por carta ao Executivo galego para reclamar recursos como un centro de atención a persoas sen teito. O PPdeG rexeita as "responsabilidades penais" que observa o xuíz: "a Xunta actuou correctamente".
Feijóo anuncia fondos para baixar as listas de espera que o Sergas publicará antes das eleccións
A Xunta asegura que dedicará parte dos fondos dispoñibles polo cumprimento do déficit a "aumentar a actividade asistencial" da sanidade. Os efectos percibiranse nas listas de espera que se difundirán en xullo.
Un xuíz ve "responsabilidade penal" na Xunta por falla de atención a persoas sen fogar
O maxistrado envía á Fiscalía a pretensión de Sanidade e Política social de enviar a un xeriátrico unha persoa sen teito de Santiago con problemas de adiccións e repróchalle ao Goberno galego a súa "extraordinaria e inxustificable dilación" en buscarlle un centro residencial axeitado.
A xuíza investiga se un ex asesor do PP en Santiago actuou de 'conseguidor' en contratos da Xunta
Pilar de Lara ordena recabar datos da construtora á que se incorporou o xefe de gabinete de Conde Roa tras perder o seu posto no Concello compostelán. As escoitas do caso revelan xuntanzas con Alfonso Rueda e Agustín Hernández e xestións ante varios gobernos locais do PP.
O PPdeG augura que se recuperará nas xerais porque vai "desenmascarar ás Mareas"
Tellado eleva a "asesores privilexiados" da campaña do partido a varios voceiros locais. Rajoy cometeu erros, pero "Podemos non o faría moito mellor", asegura.
Lugo e Ourense, 2024: Case un terzo da poboación é maior de 65 anos
En 2015 o 28% da poboación lucense tiña 65 ou máis anos, e no caso ourensán xa superara o 30%. O 51% dos fogares galegos con persoas de 65 ou máis anos están compostos por unha soa persoa
Irmandade e festa nas rúas compostelás a prol do galego
Milleiros de persoas secundan a manifestación de Queremos Galego, que reivindica a reactivación do Plan Xeral de Normalización entre lembranzas a Manuel María e ás Irmandades da Fala.