Alén dos golpes: A violencia machista invisible é a máis aceptada
Os estudos máis recentes alertan de que "unha proporción moi importante" da poboación que rexeita as agresións físicas de xénero aceptan, en maior ou menor medida, outras formas de maltrato como o control da parella. A Marcha Mundial das Mulleres e outros colectivos feministas animan á mobilización neste 25-N para "despatriarcalizar" a sociedade.
Caso Retablo: Cando a corrupción entra pola sancristía
Un xulgado de Santiago está a piques de rematar a instrución da presunta trama de contratos irregulares para a restauración de bens eclesiásticos que sentará no banco dos acusados a funcionarios, cregos e empresarios. O caso estourou definitivamente coa denuncia da veciñanza de Paraños (Covelo) pola entrega da casa reitoral da parroquia ao presunto líder da rede, un antigo traballador da Consellería de Cultura.
Os soldos públicos inmunes á transparencia en Galicia
A Xunta segue evitando publicar os salarios de todo o seu persoal asesor aínda que é obrigatorio dende o ano 2006. O PSdeG introduce unha emenda nos Orzamentos de 2015 para tentar conseguir os datos e AGE insta a publicar tamén os salarios do Consello de Administración da CRTVG, igualmente descoñecidos.
A Pokémon apunta agora a Baltar e ao financiamento ilegal do PP ourensán
O ex xerente da formación provincial acusa o ex presidente da Deputación de gardar diñeiro negro na caixa forte do partido e reclama facturas emitidas ao seu fillo e a Santalices por unha empresa de publicidade e unha televisión local ourensá que estivo presidida polo actual director xeral da CRTVG.
Feijóo equipara a política económica de Rajoy coa construción da Catedral de Santiago
O presidente da Xunta desfaise en eloxios ao presidente do Goberno central, que na entrega dun premio loubou, á súa vez, o papel de Xosé Luís Barreiro, a quen o Goberno galego que el vicepresidía denunciou en 1987 para tentar frear a moción de censura que deu lugar ao tripartito.
Besteiro accede a vivir as dez horas da "ruta do cancro"
O líder do PSdeG e presidente da Deputación lucense acepta o convite da plataforma que reivindica a instalación no HULA dos servizos oncolóxicos que Feijóo prometeu durante a inauguración do hospital, no ano 2011. Audio no interior
Imputado no caso Zeta o ex alto cargo de Traballo que cesou por "motivos persoais"
As persoas imputadas na trama da presunta fraude nos cursos de formación pasan de 7 a 30 mentres Feijóo segue a negarse a aclarar a súa relación co suposto conseguidor da rede.
Rajoy volve a Raxoi
O presidente do Goberno de España asinará este xoves con Feijóo un convenio na sede da Presidencia da Xunta e despois entregaralle o Premio Fernández Latorre a Xosé Luís Barreiro Rivas, quen o sucedeu na Vicepresidencia da Xunta tras a moción de censura de 1987. O Goberno do que formaba parte Rajoy denunciou a Barreiro para tentar frear a operación.
Vence prevé a inclusión de "persoas non militantes do BNG nos primeiros postos" das municipais
O portavoz nacional do BNG sinala que a "renovación" non impedirá a "continuidade" de "proxectos municipais" como os de Pontevedra ou Carballo e insta a Feijóo a "deixar de sementar lixo para tapar a corrupción dos seus".
Soberanía estética: O primeiro plan contra o 'feísmo' fai 96 anos
Os dirixentes galeguistas reunidos na Asemblea Nacionalista de Lugo o 18 de novembro de 1918 acordaron reclamar a "autonomía integral da Nazón Galega" e, no seu manifesto, abordaron cuestión aínda pendentes como a ordenación territorial, a potenciación da arte ou o abandono da terra agraria.
A Xunta incluíu no seu "plan de choque" axudas a Crespo que agora atribúe ao bipartito
A ampliación de crédito para plans de emprego aprobada polo PP ao chegar ao Goberno beneficiou dúas organizacións presuntamente ligadas á trama Zeta. Traballo afirma que estas achegas foron responsabilidade da coalición de PSdeG e BNG, pero en 2009 presentounas como medidas de Feijóo contra a crise económica.
Axudas a Crespo que a Xunta atribúe ao bipartito pagáronse con fondos aprobados polo PP
A Consellería de Traballo aprobou en agosto e setembro de 2009 dúas ampliacións de crédito que financiaron axudas a entidade ligadas á trama Zeta por cantidades que, segundo Feijóo, foron concedidas pola coalición de PSdeG e BNG. Os socialistas acusan o presidente de "mentir" e esíxenlle unha "desculpa pública".