Feijóo di estar disposto a comparecer no Parlamento tras rexeitalo 43 veces en dous anos
O presidente da Xunta non comparece dende o escándalo polas fotos co narcotraficante Marcial Dorado. O PP evitou que tivese que dar explicacións sobre a trama Zeta, sobre "o suposto financiamento ilegal do PP" ou a respecto das caixas, o naval ou o paro, entre outros asuntos
Feijóo queda sen pacto PP-PSdeG en plena vaga de corrupción
Besteiro rexeita acordar cos populares reformas para previr prácticas corruptas porque "non se pode pedir transparencia" mentres o presidente "se nega a ir ao Parlamento". O líder socialista rexeita "pechar un pacto nun despacho, de costas á sociedade e ao resto de forzas".
Para non perderse: Así salpica a trama Zeta ao PP
A investigación da trama Zeta está salferida de mencións a dirixentes do PP galego, partido ao que, segundo a Policía, recibiu 17.000 euros procedentes da caixa 'B' das empresas de Crespo. Repasamos as indagacións, chamadas e comunicacións que salpican a Feijóo, Negreira, Mato, Romay Beccaría e Flores.
Bascuas: "Quintana sería un excelente candidato nunhas eleccións xerais"
O secretario xeral de CxG alerta do risco de que Galicia "quede fóra" da reformulación territorial do Estado se "o galeguismo e o nacionalismo non están presentes" nela. A formación galeguista celebra o seu congreso nacional o vindeiro 16 de novembro coa vista posta nas municipais.
Contas detecta sobrecustos do 31% en obras da Xunta entre 2010 e 2011
O Consello de Contas advirte de que contratos da Consellería de Infraestruturas, aínda con Hernández como conselleiro, tiveron desviacións de case 50 millóns de euros en apenas dous anos. O ente fiscalizador resalta que a Xunta segue a desprazar facturas para os exercicios seguintes, incumprindo "o principio de anualidade que marca a lei".
A Xunta non controlou se un ente ligado a Zeta realizara cursos subvencionados con 200.000 euros
O Consello de Contas ratifica a opacidade dos cursos supostamente impartidos por entidades ligadas a Gerardo Crespo e esténdeas a outras organizacións empresariais e sindicais. A Xunta non comprobou se unha das entidades investigadas na Operación Zeta realizou ou non cursos para os que recibiu máis de 200.000 euros de subvención.
Os casos de corrupción nos tribunais galegos aumentaron un 50% en dous anos
A Fiscalía Superior de Galicia rexistrou durante 2013 a incoación de 184 presuntos delitos relacionados coa corrupción. O fiscal superior e o Consello de Contas reclaman máis medios para atallar as condutas corruptas na Administración pública.
"A independencia de Catalunya será pactada, ao Estado sairalle mellor"
ENTREVISTA Eduard López, vicesecretario de Esquerra Republicana de Catalunya, explica durante unha visita a Compostela que "pode ser" que o 9 de novembro "o Estado impida que saiamos á rúa" para celebrar a consulta, "pero a forza de convencer xa non a ten". O político catalán amósase favorable á declaración de independencia "refrendada" pola cidadanía tras as vindeiras eleccións catalás
A ex contable de Crespo reveloulle á Policía "dous sobres" de cartos negros "destinados ao PP"
Unha antiga empregada de Azetanet, imputada na trama Zeta por supostos delitos de fraude, malversación e falsificación, declarou tras ser detida o xeito en que se realizaban os pagamentos procedentes da "caixa B" da presunta trama, así como a elaboración de facturas con conceptos "evidentemente falsos".
O escándalo de Lugo abre unha fenda na lei do silencio sobre a carretaxe
O escándalo polo traslado de anciáns con demencia a un colexio electoral por parte de dirixentes do PP de Lugo, imputados pola Xustiza, reabre o debate sobre estas prácticas. Feijóo asegura non saber se é "correcto ou non" levar estas persoas a votar e AGE esixe a dimisión dun dos implicados, representante dos conservadores no consello de administración da CRTVG.
O Sergas impide saber a evolución das listas de espera ao excluír Povisa do cálculo global
O Servizo Galego de Saúde elimina por segundo trimestre consecutivo do cálculo total da demora cirúrxica ao centro vigués, que lastra dende hai anos os resultados de todo o sistema. Malia á 'maquillaxe', o tempo de espera media nos hospitais do Sergas é o maior dende que os seus datos son publicados independentemente.
"O BNG quere ser referente da cidanía rebelde fronte ás estratexias que veñen de fóra"
ENTREVISTA O portavoz nacional do BNG, Xavier Vence, sinala as asembleas abertas da formación como mostra da súa vontade de "ensanchamento" e abre a porta a que "persoas que participan noutros procesos acaben confluíndo no Bloque". O líder nacionalista coida que, ante os casos de corrupción, o PP tería que ser "ilegalizado" ou "refundado".