Denuncian "acoso" policial e político a unha testemuña clave na rama coruñesa da Pokémon
Un traballador do Concello da Coruña, de baixa por acoso laboral, foi retido en Ferrol por portar armas de pesca deportiva e a Policía Local difundiu imaxes dos seus obxectos persoais a través de Twitter. Os seus representantes laborais, que apelan á lei de protección de testemuñas, ven no sucedido un intento de "danar a súa credibilidade" por denunciar presuntos amaños de contratos públicos para empresas da trama.
Feijóo négase a aclarar a súa relación co conseguidor de Zeta para non "desviar a atención"
O presidente da Xunta rexeita responder sobre a súa amizade con De Lucas porque "o que se persegue é non falar da investigación" polas "responsabilidades" do bipartito. Resolucións da Consellería de Traballo acreditan que as entidades de Crespo recibiron axudas da Xunta despois do inicio da investigación. Galería de correos electrónicos no interior
A opaca Fundación Gaiás xa financia o 100% do programa da Cidade da Cultura
A entidade constituída pola Xunta e quince empresas en 2008 xa consumiu case a metade do seu patrimonio fundacional para pagar o plan de acción cultural do complexo, no que a Fundación Cidade da Cultura non pon cartos dende 2012. O organismo carece de control público e descoñécese se inflúe ou non no deseño das accións culturais que se desenvolven.
Misión Rosetta: Unha "partida de billar cósmica" de máis de dez anos
O profesor de Astronomía e Astrofísica da USC Manuel Andrade explica, nun vídeo elaborado dende o campus de Lugo da universidade compostelá, a importancia da chegada do robot Philae ao cometa 67P/Churyumov-Gerasimenko, un fito histórico na investigación espacial. Vídeo no interior
Feijóo prende o ventilador no caso Zeta e nega ter un "mediador" na trama
O presidente da Xunta pídelles explicacións aos grupos da oposición pola xestión do bipartito ou da Junta de Andalucía mentres evita aclarar a súa relación co presunto conseguidor da suposta trama corrupta, Pachi de Lucas. Mantén que iniciou a denuncia pero destaca, asemade, que a Xunta "se persoou" no proceso, o que implica que o fixo cando xa se iniciara.
A Xunta fíalle un traxe á medida á construtora da autovía da Costa da Morte
O Goberno galego permite que as empresas adxudicatarias do vial entre Carballo e Berdoias constrúan só 25 dos 42 quilómetros previstos pero non lles rescinde o contrato. O BNG anuncia que levará á Fiscalía esta operación, incluída nos Orzamentos Xerais para 2015.
O PP impide investigar a trama Zeta para "non politizar"
Os conservadores vetan a comisión de investigación sobre a presunta rede corrupta, solicitada por AGE e BNG e apoiada polo conxunto da oposición. Tellado, ex xefe de gabinete de Traballo, teima en que a denuncia da trama partiu da Xunta, aínda que a iniciaron dúas traballadoras.
O goberno de Santiago queda cunha soa edil electa nas municipais de 2011
O ex alcalde Ángel Currás abandona o goberno de Agustín Hernández, que chegará ás municipais cun equipo composto maioritariamente por persoas non elixidas pola veciñanza da cidade.
Podemos supera o PP e xa sería a primeira forza nunhas eleccións xerais
A forza que encabeza Pablo Iglesias gaña en estimación de voto aos populares en plena vaga de casos de corrupción. Praza inicia a publicación periódica de estimacións de voto baseadas en máis de vinte fontes demoscópicas e elaboradas polo analista Carlos Neira.
Un curso da trama Zeta: "Asinar para non facer nada"
Un antigo alumno de Azetanet, onde chegou convocado polo Servizo Público de Emprego, explica para Praza por que denunciou en Traballo o inexistente plan de formación e como Crespo tentou convencelo para que non reclamase. O Goberno galego revógalle outra axuda a unha entidade da suposta trama corrupta.
Feijóo pide evitar as doazóns de empresas a partidos tras admitir o PP 2 millóns en catro anos
O presidente da Xunta insta os partidos a non recibir achegas de persoas xurídicas en campaña cando estas xa son practicamente inexistentes, segundo as contabilidades oficiais. Mentres, a investigación dos casos Gürtel e Bárcenas poñen en cuestión o financiamento dos populares.
Feijóo reivindica ser "máis de Podemos que os de Podemos", que son "burguesía"
O presidente reivindica que non é "casta" porque na súa familia non hai "profesores universitarios" nin vínculos coa "burguesía galega" e vincula a formación de Pablo iglesias con "réximes que producen moita dor, moita incerteza e moita pobreza". Audio no interior