Mato négase a dimitir e rífalle á oposición por pedirlle contas da trama Zeta
A conselleira de Traballo carga contra AGE e BNG por reclamar explicacións sobre a presunta trama corrupta nun debate sobre os Orzamentos e atribúese a investigación da fraude aínda que esta comezou pola denuncia de dúas traballadoras.
Así funcionaba a "caza de cartos públicos" na trama Zeta
Informes contidos no sumario da presunta rede de cursos falsos salientan que a "única actividade" das entidades de Crespo era a "caza de cartos públicos" sen impartir os cursos subvencionados mediante unha "farsa" asociativa e contactos con "relevantes cargos políticos". Infografía no interior
A trama Zeta anotou agasallos para Feijóo e altos cargos da Xunta
A Policía detecta unha relación "constante" entre Gerardo Crespo, presunto líder da rede, con "políticos e funcionarios relacionados con subvencións e adxudicacións". A contabilidade dunha das empresas de Crespo reflicte unha achega de 17.000 euros ao PP.
A Xunta amplía o fiasco da TDT cunha prórroga de dous anos para empresas incumpridoras
O Goberno galego inclúe nos Orzamentos de 2015 unha ampliación do prazo para que as compañías que obtiveron as licenzas de televisión privada local e autonómica cumpran os seus compromisos de investimento, programación e emprego. Das dúas autonómicas unha pechou e outra emite por baixo dos compromisos, das locais só están operativas 8 das 48 concedidas.
Santiago chegará ás municipais co 60% do seu goberno non elixido pola veciñanza
O goberno de Santiago terá 8 dos seus 13 membros non electos, pero o alcalde, Agustín Hernández, reivindica unha reforma electoral para ilegalizar as coalicións postelectorais e "respectar a vontade da cidadanía".
Feijóo desvía a Negreira o suposto financiamento do PP na trama dos cursos de formación
O alcalde da Coruña asegura que o seu partido non foi financiado polas empresas de Gerardo Crespo, que en 2010 defendeu a limpeza dos seus cursos despois de que o alcalde de Oleiros o levase á Fiscalía. A investigación da Operación Zeta detecta anotacións de achegas de Crespo aos conservadores e a cargos da Xunta.
Cara a onde volve Anxo Quintana?
O ex vicepresidente da Xunta e antigo líder do BNG amósase disposto a propiciar un "movemento cívico" que reflexione e propoña solucións á "desgaleguización" da política do país. En ningún caso, asegura, se propón impulsar un novo partido ou regresar á "política institucional".
A Xunta coa nos Orzamentos a autorización para abrir novos casinos
O Goberno inclúe na lei de acompañamento das contas para 2015 unha reforma da normativa de xogo e apostas para que os novos casinos teñan a consideración de "sala adicional" dos xa existentes. O Executivo abre así a porta á apertura dunha destas instalacións en Vigo, que o casino da Toxa reclama dende hai anos.
As caixas multiplicaron por sete o crédito aos seus conselleiros antes da fusión
O primeiro informe de goberno corporativo de Novacaixagalicia ante a CNMV reflicte créditos, avais e garantías de Caixa Galicia e Caixanova a membros dos seus consellos por importe de case 80 millóns de euros. No seu derradeiro ano as antigas caixas aumentaron un 1.700% o importe das hipotecas outorgadas aos directivos e as súas empresas.
O Sergas só reduciu tres cregos mentres recortou 2.000 profesionais sanitarios
Os Orzamentos de Sanidade para 2015 contemplan 624.000 euros para os salarios dos cregos, que saen do programa de atención especializada. O número de sacerdotes nos hospitais está rexido por un convenio asinado en 1995, cando Feijóo dirixía o Sergas, e prorrogado polo bipartito.
Feijóo retirou xa o 60% do orzamento para lingua e cultura
As partidas lingüísticas e culturais do Goberno galego pasaron de superar os 150 millóns de euros en 2009 a ficar por baixo dos 65 no vindeiro 2015. A promoción do idioma perdeu o 70% dos seus fondos co actual Executivo, que volve salvar dos recortes a Fundación Cela, rescatada en 2012.
A Xunta deixa fóra a Sanidade do leve incremento dos Orzamentos
O departamento sanitario do Goberno galego perde uns 4 millóns de euros nas contas públicas de 2015, que soben un chisco os fondos para servizos sociais pero volven reducilos para normalización lingüística e cultura. Os cartos da débeda redúcense levemente, pero aínda pesan máis que a maioría das consellerías.