"Galicia foi o laboratorio electoral de Podemos"
O xornalista Anxo Lugilde presenta este venres 'De Beiras a Podemos', o novo libro editado por Praza e Meubook no que o autor analiza a "podremia" do actual sistema político, as súas orixes e os vieiros polos que pode transcorrer. "É importante analizar a política galega sen mirar tanto cara a Madrid e, nalgúns casos, con máis honestidade", afirma.
Chamada de atención dende as aulas á política "para que o galego non se perda"
Estudantes do primeiro curso de Educación Social da USC diríxense á Xunta, ao Parlamento, a institucións culturais e aos partidos políticos para reclamaren medidas concretas que protexan e fomenten a normalización do galego.
O primeiro pacto galego anticorrupción implica recortar á metade a campaña electoral
O PP logra o apoio do PSOE para o seu plan de "prevención" de prácticas corruptas aínda que os socialistas o consideran insuficiente. O debate de política xeral remata cunha ducia de acordos entre grupos, 8 unanimidades, entre elas a condena do franquismo, e o 96% das propostas da oposición rexeitadas. Os conservadores sacan adiante en solitario a súa iniciativa contra o soberanismo catalán.
"Anova xógase seguir sendo central na ruptura política; se nós non o facemos, farano outros"
Anova enfróntase a vindeira fin de semana á súa segunda asemblea ordinaria. O seu coordinador nacional, Martiño Noriega, chama a "desdramatizar" o que alí poida acontecer, pero non evita evidenciar que nesta cita medirán as súas forzas as "dúas almas" da organización, que poden "convivir" se "unha delas non adopta unha análise excluínte da outra". Mentres, o colectivo Cerna apela a "recuperar o proxecto orixinario" da formación.
Feijóo promete atender 2.000 dependentes máis, menos dos que recortou no último ano
O presidente da Xunta asegura no debate de política xeral que incrementará a atención á dependencia en 2.000 persoas despois de que o sistema perdese no último ano 2.260 beneficiarios, segundo datos oficiais. A oposición non advertiu esta circunstancia, se ben lle reprochou a tesoirada na aplicación desta lei.
O debate que non foi trending topic
A tropa dixital reclutada polos partidos, especialmente polo PP, non logrou incrementar o interese cidadán polo debate de política xeral, cuxa primeira sesión rematou cun incremento da tensión e unha perspectiva de escasos pactos para a segunda xornada, que se celebra o xoves.
Romeu ve a Feijóo máis preocupado pola súa promoción persoal que por Galicia
O voceiro socialista lémbralle ao presidente da Xunta que "o paro, a pobreza e a desigualdade aumentan cada día" en Galicia e critícalle a súa "falta de credibilidade" tras fracasos en promesas como a carga de traballo para o naval ou o concurso eólico.
Jorquera insta a que o "pulo democrático" implique dereito a decidir e freo á corrupción
O voceiro do BNG alerta de que Galicia "corre o risco de perder o último tren" pola "submisión" de Feijóo e esixe abordar reformas en financiamento autonómico e loita contra a corrupción
Beiras chama á "unidade de acción" e a "potenciar a marea cidadá" contra o PP
O voceiro de AGE insta as organizacións políticas a "achegar ideas e esforzo militante" a unha "rebelión cívica" contra as políticas da "dereita extrema" e cualifica de "tráxica" a situación dunha Galicia "agredida desde as institucións constituídas para a súa autodefensa".
Feijóo estáncase no triunfalismo ante a crise e promete un "pulo democrático"
O presidente da Xunta dá por iniciada a recuperación económica e mantén que abonda con manter as súas políticas para resolver problemas como o paro. O xefe do Executivo apela a unha "resposta política" de Galicia contra o proceso soberanista catalán e anuncia media ducia de medidas aprobadas no debate de 2013.
A Xunta incumpre a metade das resolucións do debate da autonomía de 2013
O Parlamento celebra dende este martes un novo debate de política xeral mentres o Goberno está a aplicar apenas 20 iniciativas das aprobadas na sesión do pasado ano.
A batalla portuguesa contra o abandono escolar xa supera a Galicia
O Norte de Portugal reduciu o abandono temperán da escola en máis de 30 puntos en apenas unha década. Galicia, que partía dunha posición moito máis favorable, reduciu pouco máis de medio punto anual dende o ano 2000.