A Xunta esixe Windows para 581 ordenadores cofinanciados con cartos da UE
A Axencia de Modernización Tecnolóxica do Goberno galego destina máis de 400.000 euros á adquisición de novos equipos informáticos co sistema operativo de Microsoft
"Cando as primarias estean en marcha marcarei a miña posición"
O secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, anuncia que tras o comité federal de xullo anunciará se opta á reelección e defende o traballo de oposición do seu partido, "máis calado nun momento en que o sensacionalismo ocupa moito espazo"
Carlos Núñez, The Chieftains e Estrella Galicia colgarán a Medalla Castelao
O Goberno galego distingue tamén a escritora Úrsula Heinze, á Coral de Ruada e á primeira medallista paralímpica galega, Hilda Rodríguez, co galardón que leva o nome do político e artista. Audio no interior
Feijóo ve "un engano" a reforma legal para as preferentes que o PPdeG aceptou
O presidente das Xunta desdeña as solucións á estafa que non pasen pola arbitraxe ou o xulgado e o BNG, autor da proposta de cambio legal, lamenta que teime en "vender fume" para "xustificar o seu dobre xogo"
A Xunta proclama que en Galicia "ninguén pasa fame"
A conselleira de Traballo asegura, en resposta a AGE, que as axudas da Xunta cobren todas as necesidades das persoas en situación de exclusión. Fajardo dubida de que "sexa humana" e convídaa a visitar "Cáritas ou un comedor social".
O PP tenta fuxir en Galicia das súas contradicións coas preferentes
Os conservadores volven votar a favor de suprimir a quita tras rexeitalo no Congreso e Feijóo, que cre "un paripé" tratar o asunto no Parlamento galego, asegura que as persoas con menos de 10.000 euros atrapados por Novagalicia Banco van recuperar os cartos en poucas semanas.
Feijóo recúa e nega a destrución de documentos na enésima lea por Marcial Dorado
A oposición en pleno insta o presidente a aclarar as contratacións da Xunta coas empresas do narco nunha tensa sesión que o líder popular culminou considerando que a AGE "só lle queda ir en coalición electoral co señor Dorado".
O PP vota no mesmo día a favor e en contra de reverter a quita das preferentes
Os conservadores rexeitan no Congreso unha proposición de lei do BNG para modificar as condicións do rescate bancario que, cun texto practicamente idéntico, apoiaron no Parlamento de Galicia poucas horas antes. Vídeo no interior
A Xunta apela a un pacto lingüístico a partir dunha iniciativa do PP
O secretario xeral de Política Lingüística diríxese aos grupos parlamentarios para "iniciar un diálogo" sobre as accións a prol do idioma. PSdeG, AGE e BNG desconfían da vontade gobernamental e instan a partir da derrogación do decreto plurilingüe e da aplicación do Plan Xeral de Normalización.
O 60% das vítimas da violencia machista denunciada en Galicia teñen entre 25 e 44 anos
O INE realiza por primeira vez un estudo sobre a violencia de xénero no que se recolle que a nacionalidade predominante entre as vítimas e os agresores é a española. En tan só un ano, Galicia rexistrou 1.521 delitos por agresións machistas.
A Xunta rebaixa por terceira vez o peso do galego nas axudas aos medios
O Goberno galego volve incrementar o peso da audiencia no reparto económico á prensa en detrimento do uso do galego e da promoción da identidade do país, que non chegan a un 30% nos criterios para a distribución das achegas.
300.000 euros públicos máis para a minaría "sen ánimo de lucro"
A Xunta gábase de que Galicia "sexa xa unha potencia mineira" e lanza unha nova liña de subsidios centrada en comarcas nas que se concentran boa parte dos novos proxectos extractivos