Doentes de cancro alzan a voz contra o "castigo" dos recortes
Tres colectivos galegos de pacientes oncolóxicos únense co gallo do Día contra o Cancro de Mama para chamar a atención das autoridades sobre as restricións asistenciais e farmacolóxicas que sofren nos seus tratamentos.
"Respectamos o pasado do Partido Socialista, pero xa non nos condiciona"
José Ramón Gómez Besteiro fai un ano como secretario xeral do PSdeG e, tras doce meses convulsos, reitera que no seu partido xa se fai "unha nova política". O líder socialista augura un "pau" para o PP nas municipais, nas que destaca a "responsabilidade" das agrupacións na conformación das candidaturas, e sinala que é "lóxico que o secretario xeral" concorra nas primarias para a Presidencia da Xunta.
A Xunta reborda optimismo orzamentario: "Galicia sempre mellor que España"
A Xunta mantén que o PIB vai medrar ao 2% en 2015, na liña dos prognósticos máis optimistas para o Estado, e teima en que bate récords de investimento social aínda que as cifras oficiais din o contrario.
O Sergas evita revelarlle ao Parlamento canto do seu persoal se xubila
Case 1.700 profesionais do Servizo Galego de Saúde acadaron a idade de xubilación entre 2011 e 2013. Nos últimos catro anos a sanidade pública galega reduciu o seu cadro de persoal en 2.000 persoas. A conselleira non ve "oportuno" cubrir máis da metade das xubilacións.
Un conselleiro do PP na TVG, imputado por carrexar anciáns con demencia nas eleccións de 2012
O membro da dirección do PP de Lugo José Luis Iravedra e tres militantes máis trasladaron residentes dun asilo lucense ata un colexio electoral aínda que, segundo os informes forenses, "carecían de capacidade para decidir o sentido do seu voto"
O senador galego que traballa dúas veces ao ano
O alcalde de Cospeito, Armando Castosa (PP), realizou 7 actividades parlamentarias dende a súa incorporación ao Senado en 2011. Os senadores galegos máis activos son os socialistas Ricardo Varela e Miguel Fidalgo, con máis de 3.500 actividades cada un.
A AP-9 perdeu 1.000 vehículos diarios no verán mentres teimaba en provocar atascos
A Autoestrada do Atlántico regresou ás perdas de tráfico entre xullo e setembro tras unha lixeirísima recuperación do período estival de 2013. Audasa segue a negarse a erguer as barreiras cando provocan atrancos no tránsito mentres as chamadas de atención da Xunta e de Fomento seguen sen dar resultado ningún.
Segundo caso de presunta corrupción arquivado en Lugo por "nulidade das actuacións"
A Audiencia lucense anula "dende o inicio" a investigación dunha suposta trama de enchufes e contratos irregulares en Castro de Rei porque a xuíza Estela San José asumiu o caso malia ser consciente de que non podía facelo, ao derivar dunha investigación que non estaba relacionada con este asunto.
O galego deixa de ser a lingua habitual da maioría da poboación
O IGE revela que as persoas que utilizan o idioma do país na súa vida diaria descenderon 13 puntos en dez anos pero a Xunta celebra o incremento da poboación bilingüe. Compostela é a cidade con máis veciñanza que "sempre" fala galego e Ferrol, na que máis xente admite que non o fala "nunca".
A Xunta culpa os colexios do gasto en libros de texto, que "non son obrigatorios"
A Consellería de Educación evita detallarlle á oposición canto alumnado se beneficia da denominada 'gratuidade solidaria' dos manuais escolares, pero advirte de que "a Administración non fixa nin elixe os libros de texto", que non son "obrigatorios".
Os gastos dos galegos de Caja Madrid: Do San Froilán e Sargadelos a Women's Secret
O ex vicepresidente de Caja Madrid, Moure Bourio, retirou case 40.000 euros en metálico de caixeiros da entidade. Os outros dous antigos directivos de orixe galega empregaron os cartóns opacos en restaurantes, roupa ou electrodomésticos, entre outros produtos.
Persoal do Sergas esixe máis formación que "un vídeo" ante posibles casos de ébola
Profesionais da sanidade pública reclaman "adestramento" e traxes de protección para poder facerlle fronte a eventuais casos da enfermidade e Feijóo garante o "cumprimento dos protocolos". O presidente da Xunta elude valorar as palabras do conselleiro de Sanidade de Madrid pero maniféstalle "respecto" por ser un "excelente profesional" da medicina. Vídeo no interior