A Xunta volve subvencionar unha residencia relixiosa que incumpre catro normativas
O Consello da Xunta autoriza unha achega de 250.000 euros ao centro das Esclavas de la Virgen Dolorosa, orde relixiosa que admite "carencias en diferentes apartados da normativa vixente" nos seus edificios
Feijóo defende o estudo de 30.000 euros sobre aeroportos: a Xunta precisa "formación"
O presidente da Xunta admite que os aeroportos son competencia "exclusiva" de Fomento pero cre "razoable" encargar un plan estratéxico propio para poder "colaborar lealmente" co Goberno central
O CES alerta do desembarco da sanidade privada nas prestacións do Sergas
O Consello Económico e Social amósase convencido de que a Xunta se dispón a realizar un "cambio cualtitativo no actual modelo sanitario", impulsando un sistema "mixto, caracterizado por unha maior presenza da provisión privada".
A Xunta apela á "discreción" para non informar das negociacións sobre a parálise do Gaiás
O Goberno galego prevé un proceso "dilatado" para acordar coas constructoras as compensacións por non construír os dous edificios pendentes, cuxo freo foi aprobado polo Parlamento o pasado marzo
"Destruír contratos da Xunta é irregular, mírese por onde se mire"
O catedrático de Biblioteconomía e Documentación da UDC Pedro López Gómez advirte de que "destruír documentación" da Administración "de forma arbitraria vai contra o patrimonio documental de Galicia", protexido pola lei
A Xunta encarga por 30.000 euros un plan estratéxico dos aeroportos malia non ter competencias
O Goberno galego inicia os trámites para contratar por procedemento negociado sen publicidade un estudo semellante ao que se dispón a elaborar o Estado e co que pretende obter unha "descrición" do sistema aeroportuario galego e as "liñas mestras" para "a xestión que debe realizarse" neles
A oposición en pleno rexeita ser "cómplice" do recorte ao Parlamento
O PP agarda que PSdeG, AGE e BNG sexan "educados" e respondan ao seu emprazamento de negociar a tesoirada. O BNG avanza que non acudirá, AGE adianta un "boicot" e o PSdeG desbota que os conservadores procuren "aforrar".
O gasto da Xunta en publicidade pagaría cinco anos de soldos do Parlamento
Os cartos destinados pola Xunta a accións publicitarias e propagandísticas durante a primeira lexislatura de Feijóo multiplican por oito o aforro que o PP asegura que conseguirá co recorte de deputados
As administracións galegas débenlles 162 millóns aos autónomos
O Observatorio do Traballo Autónomo estima que as persoas que optan por esta modalidade de cotización tardan unha media de cincuenta e un días en cobrar as facturas de organismos públicos, vinte e un días por riba do legal
A Xunta gastou 25 millóns en propaganda dende a chegada de Feijóo
O Goberno galego gastou, contando o Xacobeo, máis de 40 millóns de euros en anuncios entre 2009 e 2012. A Secretaría Xeral de Medios asegura que "todas as campañas eran necesarias"
"Autobombo" da Xunta nas pantallas dos centros de saúde
O PSdeG insta o Sergas a deixar de emitir mensaxes "propagandísticas" nos monitores que indican as quendas das consultas sanitarias e substituílas por informacións ligadas á saúde
O 'parche' de Educación aos libros escolares de pagamento
O departamento de Jesús Vázquez promociona como unha "medida de apoio ás economías familiares" o aumento da vixencia dos manuais de catro a seis anos. A medida paliativa será beneficiosa para os bancos de libros creados tras a fin da gratuidade.