Vence: "Empeza a haber capacidade de restablecer vínculos no nacionalismo"
O portavoz nacional do BNG marca como "prioridade" a "organización da sociedade" fronte ás "políticas neoliberais" e coida que a formación frontista debe evitar o "illamento" mentres se constitúe en alternativa á "frivolidade" e "indolencia" de Feijóo
O PP foxe do debate económico na 'resurrección' do recorte ao Parlamento
Os conservadores teiman en reducir o número de deputados mentres a oposición ve unha "cortina de fume" no plan e insta a aforrar sen reducir deputados e deputadas
O Parlamento, ante a oportunidade de que Galicia "aproveite" a lusofonía
O pleno da Cámara galega aborda o vindeiro martes a toma en consideración das iniciativas lexislativas populares para o aproveitamento da lingua portuguesa e para o impulso da reciclaxe de residuos
Mandián argumenta que "La Coruña era oficial en 2008" para acusar a Callón
O avogado do ex xuíz decano da Coruña obvia que a forma deturpada do topónimo coruñés está fóra da oficialidade dende 1998 na, a xuízo do presidente d'A Mesa, "delirante" repetición do xuízo
Feijóo xa non desbota que ENCE quede na ría de Pontevedra
O presidente da Xunta evita rebater a Louzán e, tras a aprobación da nova lei de costas, agarda ver "que melloras económica está disposta a facer a empresa" antes de decidir se pode ou non continuar. O PP incluíu no seu programa o traslado da factoría.
A montaña luguesa, en alerta ante o posible "expolio" mineiro
A Xunta autoriza que unha empresa canadense tome mostras en dúas reservas da biosfera á procura de cinc, cobre, ouro, prata e chumbo. O alcalde da Fonsagrada advirte de que todos os grupos políticos do concello se manterán "na defensa a ultranza do territorio".
Así lle pasará o Sergas pacientes á sanidade privada
O Goberno galego vén de iniciar o trámite da Lei de Garantías, a norma que permitirá traspasar doentes a centros concertados ou privados se a Xunta incumpre os límites de espera que ela mesma vai marcar.
O PP oponse a tentar reverter a quita das preferentes cunha reforma legal
Os conservadores rexeitan unha iniciativa do BNG, apoiada polo resto da oposición, para promover dende Galicia unha reforma da lexislación estatal que provocou que as persoas estafadas perdan parte dos seus aforros. Unanimidade para reclamar o mantemento da obra social das antigas caixas.
A Xunta recorta un 14% as axudas aos concellos para reducir o abandono escolar
O Goberno galego deixa por baixo dos 2 millóns de euros os fondos para financiar actividades como obradoiros de recuperación educativa ou a asistencia ao alumnado con dificultades educativas ou en risco de exclusión social
Inédita unidade política no inicio da investigación ás antigas caixas
O PP cede e acepta ampliar a nómina de comparecentes e o volume de documentación para indagar na xestión e desaparición de Caixa Galicia e Caixanova. Simultaneamente, os conservadores aproban en solitario o plan de traballo da comisión de estudo sobre a corrupción.
Beiras chama á "coordinación" de toda a oposición no Parlamento
Os voceiros de PSdeG, AGE e BNG manteñen encontros bilaterais para artellaren posicións conxuntas nas comisións de investigación das caixas e de estudo sobre a corrupción
Os descartes do PP na comisión de investigación das caixas
A oposición insta os populares a "entrar en razón" e "non pasar o rodete" na lista de comparecentes que será votada este martes. Os fillos de José Luis Méndez, o fiscal superior de Galicia ou Rodrigo Rato non figuran na proposta popular.