O aeroporto de Vigo gasta 45.000 euros en alugar un coche oficial para a súa directora
Aena inicia os trámites para arrendar un automóbil que pode chegar a custarlle uns 8.900 euros anuais ás arcas públicas.
O PSdeG adía as primarias a setembro para evitar que Ferraz as vete
O secretario xeral dos socialistas asegura que o 21 de xullo o Comité Federal lle dará o visto e prace á renovación do liderado do partido en Galicia a través da votación da militancia e o Comité Nacional apóiao co 62% dos votos a favor e un 33% de abstencións.
As empresas de Marcial Dorado recibiron 157.000 euros dos gobernos de Fraga
A Xunta vén de facer pública a relación de axudas e contratos coas empresas do narco "nos últimos vinte anos" que solicitara AGE. En 1995, ano das fotos co presidente, encargoulle a construción dun barco auxiliar para a Consellería de Pesca.
Preferentes e desafiuzamentos disparan as queixas ao Valedor a niveis históricos
O alto comisionado subliña que unha soa queixa polos "engano" das antigas caixas está "asinada por 3.000 persoas" e advirte de que os "erros e vicios" da banca fan "inadmisible" que as entidades non "colaboren" para evitar desafiuzamentos
O Valedor marcha ás antípodas do PP e ve "liberdade de expresión" nos escraches
Jose Julio Fernández aproveita a presentación do informe anual da institución para realizar contundentes críticas á banca, que "provocou" a crise, e considerar "inadmisible" que se produzan desafiuzamentos "mentres hai un amplísimo parque de vivendas baleiras"
Pachi Vázquez, á procura dunha fórmula para ir ás primarias sen agardar por Ferraz
O líder dos socialistas galegos afronta o Comité Nacional deste venres dende a convicción de que a consulta á militanicia para renovar a secretaría xeral se poderá celebrar antes da reforma estatutaria do PSOE. Besteiro e Puentes, contrarios ao adiamento.
Feijóo di non amosar os contratos con Dorado porque a oposición non lle "deixa"
O presidente da Xunta asegura "non ter problema" en remitir ao Parlamento os contratos das empresas do narco co Goberno e afirma que non o fixo na sesión de control porque "non puiden proseguir" a causa da increpación de Beiras
A dirección do PSOE mantén o veto ás primarias do PSdeG ata o outono
O secretario de organización federal dos socialistas, Óscar López, asegura que o partido prevé un cambio de estatutos para permitir a renovación dos liderados en votación directa pero que a federación galega non pode adiantarse
Un escándalo electoral sacode o plan de México ao que Feijóo fía os investimentos en Galicia
As sospeitas de uso de programas de política social con fins electorais, denunciadas polo principal partido da oposición, provocan a suspensión das actividades públicas do Pacto por México e sementan a incerteza sobre o seu desenvolvemento
A parálise industrial chega ao Parlamento mentres a Xunta se aferra a Corcoesto e Pemex
O Goberno censura que a oposición o "culpe de todos os males da industria" mentres fía as súas expectativas de "desenvolvemento" a proxectos como a mina de ouro de Bergantiños ou os eventuais pedidos da petroleira mexicana
As fotos de Feijóo e Dorado instalan o Parlamento na crispación
O presidente da Xunta evita ofrecer respostas sobre as instantáneas co narco nunha tensísima sesión de control na que se erixiu en único garante dun "goberno democrático" despois de que Beiras batese no seu escano.
O PP evita as comparecencias políticas na comisión da corrupción
Os conservadores solicitan a presenza de catorce persoas do ámbito xudicial e do control das contas públicas no órgano que estudará as iniciativas para previr prácticas corruptas. A oposición reclama que acuda Feijóo e outros representantes do ámbito político, económico, social e sindical.