A Coruña e Santiago son os concellos máis endebedados de Galicia
A débeda dos municipios galegos aumentou case un 20% en apenas un ano. Todas as cidades incrementan a súa débeda agás Pontevedra, Lugo e Ourense, mentres 58 concellos non deben nada
A Xunta prepárase para someter o seu persoal a un exame permanente
A nova Lei do Empregado Público, aínda en fase de anteproxecto, introduce unha "avaliación" individual para os traballadores e traballadoras da Administración, que seguirán podendo acceder a un posto de traballo público sen realizar un só exame en galego.
Industria di que o Estado agora si vai consultar á UE sobre o dique flotante
O PSdeG lembra que o propio presidente de Navantia afirmou que "Bruxelas non é a escusa" para non construír a infraestrutura e insta o Goberno galego a non seguir "xogando coa desesperación da xente"
A Xunta proclama que só apoia a minaría "comprometida co país"
En medio da controversia polas explotacións mineiras de Corcoesto, Castrelo de Miño ou A Limia, o Goberno galego asegura no Parlamento que está a "apostar" por unha "minaría moderna e segura"
Política Lingüística desdeña as críticas da UE á protección do galego
O secretario xeral, Valentín García, réstalle valor ao informe do Consello Europeo por estar "feito en Madrid" e carga contra Prolingua polas súas críticas á Rede de Dinamización Lingüística
A Policía, aliada do desmantelamento de conservas Cuca
AGE leva ao Parlamento a actuación dos antidisturbios na factoría de Vilaxoán, onde bloquearon o persoal que protesta para evitar o peche e facilitaron a retirada de maquinaria
Cando era o PP quen facía 'escraches'
En setembro de 2009 os conservadores enviaron a membros das súas Novas Xeracións a manifestárense ante a vivenda do secretario xeral do PSdeG, Pachi Vázquez e Feijóo considerou que "todas as concentracións democráticas teñen un sentido"
O PP vese "reforzado" polas polémica das fotos de Feijóo co narco
O PSdeG considera "patética" a reacción do PP ante as críticas polas imaxes con Marcial Dorado e o Bloque presenta iniciativas para reclamar a dimisión do presidente
Máis de 13.000 euros ao mes por vixiar o pavillón do Xacobeo
A Xunta disponse a contratar os servizos de seguridade e limpeza das instalacións da Sociedade Anónima de Xestión do Xacobeo mentres prevé a súa disolución no novo ente Turismo de Galicia
Feijóo tenta 'compartir' a Marcial Dorado co bipartito
O presidente da Xunta procura trasladar o foco das súas fotos cara ás "axudas" que as empresas do narco recibiron do Goberno galego en tempos do Executivo de coalición. Admite contratos por 5.000 euros coas mesmas compañías baixo o seu mandato e evita, polo momento, aclarar se os houbo na etapa de Fraga.
A mudanza da Agadic ao Gaiás custou 5.000 euros
A Xunta defende o aforro que supón trasladar organismos públicos á Cidade da Cultura, que custa uns 9.000 euros ao día só por manterse aberta
Seis de cada dez pisos que Novagalicia tenta vender están fóra do territorio galego
Os pisos que a entidade resultante da fusión das caixas galegas ten á venda na fachada mediterránea española son case os mesmos que os que oferta en Galicia