Romay sae na defensa de Feijóo e mantén que el tampouco coñecía a Marcial Dorado
O Valedor do Pobo asegura que as fotografías do presidente co narcotraficante carecen de "interese xornalístico" e Pachi Vázquez augura que sairán á luz máis imaxes
A Xunta recorta un 25% as axudas ás vítimas da violencia machista
O Goberno galego reduce en case 600.000 euros a dotación orzamentaria do salario da liberdade malia ter que ampliar o crédito en anos anteriores polo gran volume de solicitudes
"O BNG debe fomentar a unidade de acción; o poder que nos esmaga fai necesarios moitos esforzos"
Daniel Rodas, novo deputado do Bloque en substitución de Carlos Aymerich, incorpórase ao Parlamento co reto de "levar alí o sentir dos mariñeiros, da xente desempregada, da xente normal" e convencido de que o PP "tenta afogar a opinión dos discrepantes"
O PSdeG indaga sobre posibles "intereses" de Marcial Dorado en contratos coa Xunta
Os socialistas reclaman no Parlamento copias dos contratos de subministro enerxético do Sergas nos anos nos que Feijóo tiña "relación" co narco e era, ao tempo, número dous de Sanidade. O BNG subliña que o "infamante" é que Galicia teña que seguir "soportando" a un presidente "relacionado con delincuentes"
A oposición planta o PP na aprobación 'exprés' do plan demográfico
O proxecto co que a Xunta pretende "inverter" o "inverno demográfico" de Galicia sae adiante cos únicos votos do PP mentres PSdeG, AGE e BNG consideran o trámite unha "tomadura de pelo" e reclaman un debate en pleno.
O BNG disponse a entablar contactos co resto do nacionalismo
O Bloque aposta por poñer en marcha "un poroceso social de contestación moi amplo" en colaboración coas centrais sindicais tras o primeiro encontro de Xavier Vence coa CIG
A Xunta 'despacha' o seu plan demográfico nun trámite parlamentario de 4 horas
PSdeG e BNG presentan queixas formais ante o que consideran un "desprezo" ao Parlamento e un intento de "vender algo positivo" para "tapar" as fotos de Feijóo con Marcial Dorado
Feijóo atrinchéirase na súa versión das fotos co narco e non ve "contradición" co xuíz
O presidente da Xunta obvia que Taín asegura que houbo contactos telefónicos con Marcial Dorado alén do ano 2000 e remítese á súa comparecencia parlamentaria do vindeiro mércores mentres volve proclamar que "rematou a infamia" sobre as súas fotografías.
O PSdeG estuda demandar o deputado do PP que o acusou de "aplicar a pena de morte"
Os socialistas diríxense á presidenta do Parlamento para que o parlamentario Alberto Pazos rectifique as súas verbas e, se non o fai, levarano ante a Xustiza
A crise e os recortes, obstáculos para "saír do círculo da violencia" machista
As denuncias por violencia machista caeron case un 20% en territorio galego dende o inicio da crise. O Observatorio estatal contra o maltrato de xénero subliña a necesidade de que as retalladas gobernamentais non afecten aos recursos para protexer as vítimas.
O xuíz Taín revela que Feijóo falou co narco alén do ano 2000
O presidente tenta zafarse das fotos con Marcial Dorado e a oposición ve acreditado que "mentiu", toda vez que asegurou que contactara con el por última vez en 1999
As fotografías "estiran" en función do barco
O PP galego, co vicepresidente Rueda á cabeza, volve situar as imaxes de Anxo Quintana cun empresario na etapa do goberno bipartito mentres Feijóo insta a non empregar politicamente as súas instantáneas co narco Marcial Dorado