A TVG aumentou a produción allea un 60% en dous anos
Os contidos elaborados por empresas privadas pesan xa un 31% na programación da Televisión de Galicia. O persoal da CRTVG alerta de que se "externalizan a un ritmo galopante programas que antes se facían na casa"
O BNG dálle a Feijóo os balances que a Xunta lle pediu a Navantia
Os nacionalistas lémbranlle ao presidente que os datos que lle pide á empresa estatal xa "son públicos". O alcalde de Ferrol (PP) asegura que se unirá ás mobilizacións programadas polo persoal do estaleiro para os vindeiros días. Audio no interior
O goberno de Vila de Cruces exalta as ditaduras de Franco e Primo de Rivera
O Concello dirixido polo popular Jesús Otero repón tras trinta anos dúas placas conmemorativas dos golpes de Estado de 1923 e 1936, segundo denuncia o PSdeG. Os socialistas advirten de que se o alcalde as mantén, acudirán aos tribunais.
As axudas por violencia machista chegan só ao 30% das vítimas protexidas
No que vai de ano os xulgados ditaron 884 medidas protectoras para mulleres agredidas e a Xunta concedeu 264 axudas económicas. O presidente descoñece se o novo plan de igualdade reforzará a prevención do maltrato de xénero no ámbito do ensino.
A Xunta gábase do seu apoio a 'Nomes e Voces' tras deixalo pechar
O Goberno galego insta a "recordar" as achegas económicas ao proxecto de estudo sobre a memoria histórica que rematou definitivamente o pasado verán por falta de financiamento. Cultura admite implicitamente que non impulsará acto ningún para lembrar a represión franquista en San Simón.
Feijóo lánzase á defensa da xestión de Aznar co Prestige
O presidente da Xunta apela ao Plan Galicia e a que "os mariñeiros estaban cobrando un mes despois" mentres o BNG advirte de que a costa galega segue "indefensa". O xefe do Executivo salienta que o obxectivo do recurso do Goberno galego é aumentar a condena do capitán do barco.
Vía libre ao cianuro nas minas galegas: "xa hai cautelas dabondo"
O PP veta unha iniciativa do BNG apoiada por toda a oposición para reformar a lei da minaría e evitar as "bombas ambientais". Os conservadores obvian os informes científicos e as recomendacións do Parlamento Europeo e aseguran que a na cianuración é "a mellor técnica dispoñible".
Unha lei para a discapacidade sen un euro máis
O Consello Económico e Social dubida do alcance da futura Lei de Accesibilidade, para a que a Xunta non prevé "novos recursos orzamentarios". O organismo consultivo volve advertir o Goberno sobre as súas abondosas faltas de ortografía.
Obrigadas a cobrar un 23% menos por ser mulleres
A fenda salarial de xénero mantense intacta en Galicia malia aos avatares da economía e só se reduciu en apenas tres puntos en década e media.
A Xunta reafirma a súa aposta polos impostos que non gravan a renda
A conselleira de Facenda presenta como "solidaria" a "preponderancia da imposición indirecta" nos Orzamentos de 2014. A oposición censura o seu "descaro" e advirte da "herdanza insoportable" que implica o crecemento da débeda para os futuros gobernos galegos.
"Os homes non choran" e outras xustificacións da violencia machista
Un estudo da Delegación do Goberno para a violencia de xénero alerta do incremento da tendencia a xustificar as agresións e a submisión da muller no seo da familia. Case o 10% dos mozos coidan que "se unha muller é maltratada" e non "abandona" o maltratador "será porque non a disgusta de todo esa situación".
A Xunta leva recoñecidos 80 dereitos a axudas por "fillos non natos"
O Goberno galego inclúe o recoñecemento dos "concibidos" no seu paquete de axudas de fomento da natalidade, que inclúen tamén o apoio á Red Madre do Foro Español de la Familia