A marea que trouxo de volta a Feijóo
A inminente lectura da sentenza do Prestige devolve á actualidade un dos episodios máis convulsos da política galega dos últimos anos, que supuxo a entrada do actual presidente no Goberno de Manuel Fraga.
Sete desculpas para non amosar os papeis de Marcial Dorado
O presidente da Xunta comprometeuse en abril a remitir á Cámara as relacións contractuais do Goberno coas empresas do narco. A suposta destrución de documentos, despois negada, o seu carácter "inmanexable" ou que sería moi custoso reunilos son algúns dos pretextos para non amosarllos a PSdeG, AGE e BNG.
"Un goberno progresista é compatible cunhas contas saneadas"
Besteiro reivindica no Parlamento a "viabilidade" das altternativas de esquerda nos gobernos mentres o PP o acusa de aplicar recortes e incorrer en presunta corrupción
O baltarismo de segunda xeración reivindícase no Parlamento
Manuel Baltar presenta os orzamentos da Deputación de Ourense no Parlamento entre críticas da oposición por continuar as prácticas do seu pai e gabanzas do popular Santalices, que ve na saga ourensá unha "especie a conservar, temible politicamente"
A I+D+i militar evita a crise nos orzamentos de Rajoy
O Goberno central sobe case un 40% as súas achegas para a investigación militar no orzamento de 2014 e engade á civil menos do 2%. A leve mellora do orzamento para a investigación e a ciencia non compensa os recortes dos anos anteriores.
"Pechar un medio público é unha arroutada fascista"
O comité interempresas da CRTVG amósase "indignado" co peche da Radio Televisión Valenciana. A súa presidenta, Raquel Lema non ve posible equiparar a situación dos medios públicos galegos cos valencianos. Non obstante, chama a apreciar a televisión e a radio públicas e á "responsabilidade" do seu persoal.
Louzán defende os seus campos de fútbol: "Os rapaces están aí e non noutras circunstancias"
A oposición censura no Parlamento as "redes clientelares" que, ao seu xuízo, oculta a política de construción masiva de equipamentos deportivos. O tamén líder do PP pontevedrés amósase "contento" cos resultados da súa política neste ámbito.
A Xunta repón un 30% do que recortou nas axudas por violencia machista tras quedar sen cartos
O Goberno galego engádelle 155.000 euros á convocatoria de axudas da que previamente retirou case 600.000 polo "esgotamento do crédito inicialmente asignado". Expertas no tratamento do maltrato de xénero advirten de que "moitas mulleres aguantan por que non teñen de que vivir".
A rebelión contra os recortes sociais chega do interior
Tras a mobilización de concellos contra o copagamento hospitalario iniciada en Riotorto, as asociacións de nais e pais da provincia de Lugo apelan ás do resto do país á organización para reverter as retalladas nos comedores escolares
Os argumentos da RAG ante o Tribunal Supremo
O recurso de casación da institución tras os ditames do TSXG aséntase en que a Xunta a obviou na elaboración do decreto plurilingüe. A Academia subliña ademais que a norma modifica, a efectos prácticos, a Lei de Normalización Lingüística.
A Xunta non pagará facturas novas ata 2014
Facenda ordena o peche do exercicio económico de 2013 con data do 4 de novembro, o que implica que, con carácter xeral, ningún departamento poderá asumir gastos adicionais ata o ano que vén
Wert bombardea o programa Erasmus
As principais organizacións estudantís galegas advirten de que os novos requisitos do programa de mobilidade estudantil, combinado co forte recorte orzamentario, deixan fóra o alumnado con menos recursos