Feijóo eríxese en guía de Galicia na saída da crise e pide a adhesión da oposición
O presidente da Xunta anuncia unha rebaixa do IRPF menor á que el mesmo prometeu en 2009 e sentenza que "negar a efectividade" das medidas do Goberno é "negar os méritos" da cidadanía do país
Un país a debate no segundo exame da lexislatura para Feijóo
PSdeG, AGE e BNG coinciden en reclamar un debate de política xeral centrado na Galicia "real" e non nas "cortinas de fume" do presidente da Xunta
O PP mantén libre de impostos ata o 22% do soldo dos deputados
A Mesa do Parlamento aproba, só co apoio dos conservadores, o novo réxime fiscal dos membros do Parlamento con entre 800 e 1.200 euros ao mes libres de impostos
As fusións, remedio para os males de Galicia?
A pasada lexislatura foi a do eloxio da fusión, xa fose de consellerías, de caixas ou de concellos. No anterior debate de política xeral Feijóo presentou como unha medida histórica a unión de Oza dos Ríos e Cesuras.
A promesa de non subir impostos dúralle un ano a Feijóo
O presidente da Xunta comprometeuse a non aplicar ningunha suba tributaria durante a campaña electoral das autonómicas. Os conservadores consideraban estes incrementos "dobremente contraproducentes" en Galicia, mentres que agora defenden como "responsable" a suba do 'céntimo sanitario'.
A billa do crédito segue atoada mentres se venden os restos das caixas
O crédito caeu máis dun 16% en Galicia dende o anterior debate de política xeral. O novo debate prodúcese con Novagalicia Banco a piques de ser vendida.
O PP resístese a que os deputados tributen por todo o soldo
A oposición en pleno apoia a fin do réxime fiscal que deixa libre de IRPF máis da metade do salario, pero coa proposta que manexa a Presidencia da Cámara aínda quedaría fóra de impostos en torno a un 25%
Nin "alquílase" nin "temos pulpo": a batalla contra o "feísmo lingüístico"
A Gentalha do Pichel convoca un concurso de fotografía para denunciar e que sexa "invertido" o "desleixo" no uso público do galego
Galicia (non) é un modelo de xestión de fondos para a UE
A Xunta asegura que "se converteu en referente" ante o Comité das Rexións, ao que en realidade acudiu porque lle "tocou" defender un informe con recomendacións xerais e sen referencia ningunha ao caso galego
Galicia xa deposita nos bancos máis cartos dos que recibe prestados
A cidadanía galega ten 2.000 millóns de euros máis en depósitos que en créditos no sistema bancario. A desaparición do sistema financeiro galego converte o país en fornecedor neto de crédito para outras comunidades.
"Os que máis teñen" cobran 1.000 euros?
A Consellería de Educación deixa fóra da definición de "familias desfavorecidas" a todas as que ingresan máis de 583 euros ao mes. O Goberno galego rexeitou reiteradamente subir impostos ás rendas máis altas.
Pemex prioriza a compra de barcos feitos en México
A petroleira asina un acordo cunha empresa de Singapur para construír un estaleiro en México con capacidade para "construír, manter e reparar plataformas e outras embarcacións maiores"