O lugar onde o galego gaña protección
O Concello de Carballo pon en marcha unha nova ordenanza que asenta o a lingua galega como idioma de uso normal en todas as actividades municipais. O goberno carballés desenvolve así o Plan Xeral de Normalización, reducido pola Xunta á categoría de "remuíño de ideas".
Cando Feijóo esixía que a Xunta pedise "liberdade" en Cuba
O presidente da Xunta viaxa á illa caribeña exactamente sete anos despois da visita do do seu predecesor, Emilio Pérez Touriño, a quen lle achacou falta de "valentía" e "determinación" por non ir alí para alentar as "ansias de democracia e liberdade"
A Igrexa fica blindada contra o IBI que comezaba a pagar en Galicia
O TC veta, a instancias do Goberno central, a lei navarra que obrigaba a institución católica a pagar o imposto de bens inmobles polos seus edificios non dedicados ao culto. Concellos como Allariz xa comezaran a cobralo apoiados en ditames xudiciais.
Case 5.000 comercios pecharon en Galicia dende 2009
A vaga de peches de pequenos establecementos cadrou no tempo coa expansión de grandes superficies comerciais, ás que o Goberno galego rexeita impoñerlles impostos adicionais porque "non é o momento" de facelo
O que os Orzamentos do Estado non traerán a Galicia
As Cortes Xerais debateron 155 emendas ás contas estatais referidas a territorio galego. Agás as de UPyD todas reclamaban novos investimentos e todas foron rexeitadas pola maioría absoluta popular.
O alcalde de Vila de Cruces atribúe a unha exposición a recuperación da placa franquista
O popular Jesús Otero asegura que un colectivo veciñal ubicou as exaltacións nun local municipal co gallo dunha exposición que se inaugurará en setembro de 2014. Os símbolos estaban orixinalmente colocados na antiga casa do Concello, que foi derrubada.
A Xunta culpa a oposición de que a cidadanía "perciba" prácticas corruptas
Rueda censura que o BNG pregunte no Parlamento polo caso Bárcenas e Jorquera lamenta que responda "con insidias" e "poñendo o ventilador"
Dez preguntas de Feijóo á oposición
O presidente da Xunta volve inverter a dinámica da sesión de control parlamentario formulándolles múltiples cuestións a PSdeG, AGE e BNG, que preguntaban por Novagalicia, o sector naval e o caso Bárcenas.
As galegas que reducen a xornada laboral para coidar dos fillos triplican os homes
Máis de 22.000 mulleres reduciron a súa xornada durante 2012 en Galicia para atender obrigas familiares. Dende 2009 as partidas dos Orzamentos da Xunta para conciliación reducíronse nun 80%.
Luz verde ao traspaso de pacientes do Sergas á sanidade privada
O PP saca adiante en solitario a Lei de Garantías de Prestacións Sanitarias, que deriva os doentes a centros alleos á rede pública se a Xunta incumpre os seus propios prazos. A oposición censura o cambio de modelo e ve na norma unha "arma de destrución masiva" para o Servizo Galego de Saúde.
A Xunta 'esquece' o traspaso das escolas infantís que comezou hai catro anos
O Goberno galego asegura que a nova Axencia de Servizos Sociais botará a andar en 2014 xestionando as antigas Galescolas, as mesmas que comezou a trasladar a Educación en xuño de 2009
O dobre fío das consultas telefónicas do Sergas
O Servizo Galego de Saúde implanta dende este luns en todo o país o sistema de atención non presencial. O Goberno galego asegura que incrementa a marxe de "elección" para os pacientes mentres SOS Sanidade alerta de que o plan pode ser unha "escusa" para novos recortes.