Feijóo refúxiase no ataque á oposición para exculparse das fotos co narco
PSdeG, AGE e BNG reclaman a dimisión do presidente da Xunta, a quen achacan ausencia de "ética" por ir "nos iates dos narcotraficantes" nos anos máis duros da droga en Galicia.
O Parlamento en pleno esixe que se "xulgue os responsables" do asasinato de Couso
Todos os grupos da Cámara galega acordan dirixirse ao Goberno central para que facilite a posta á disposciión da xustiza das persoas que provocaron a morte do cámara galego en Iraq
A Xunta prescindiu de máis de 4.000 empregados dende 2010
O Goberno galego reduciu en case un 5% o seu cadro de persoal nos últimos catro anos, nos que tamén aplicou diversos recortes de remuneracións e dereitos sociais e 'estreou' a reforma laboral para despedir traballadores e traballadoras da Consellería de Traballo
A lei galega de universidades, un 'copia e pega' da andaluza?
A Xunta copia literalmente case unha decena de artigos da lei universitaria do Goberno andaluz, frecuentemente criticado polo Executivo de Alberto Núñez Feijóo
A Xunta participou na reactivación da Comisión Nacional de Asuntos Taurinos
O Goberno galego enviou o director da Casa de Galicia en Madrid á xuntanza do organismo co que Wert pretende impulsar a tauromaquia e que non se reunía dende o primeiro Goberno de Aznar
O Colexio de Traballo Social, en alerta polas "privatizacións" que inclúe a reforma dos concellos
A entidade que representa os traballadores e traballadoras sociais subliña que o Goberno central vai provocar a eliminación de servizos á cidadanía. O BNG pídelle explicacións á Xunta polo recorte das axudas ás vítimas da violencia machista.
O Valedor pide a devolución do estafado coas preferentes e que a arbitraxe non dependa do banco
O alto comisionado reclama a devolución íntegra dos aforros das persoas enganadas e que a Fiscalía "explore a vía penal" contra os responsables da estafa. O BNG promove un cambio legal para elimitar as quitas.
Feijóo, seguro de que a xente "de ben" sabe que "non hai substancia" nas fotos co narco
O presidente insiste en que "non hai caso" nas súas imaxes con Marcial Dorado mentres a oposición subliña que non o acusa de feitos "delitivos", senón de tratarse cun narcotraficante nos anos máis duros da droga en Galicia
Mapa das touradas en Galicia: poucas e caras
Menos do 5% dos concellos do país acolleron espectáculos taurinos nos últimos cinco anos, período no que a Xunta impuxo catro sancións aos promotores dos eventos
O PP presenta as críticas a Feijóo polas fotos co narco como un ataque á democracia
Puy acusa a oposición de "danar a imaxe" de Galicia por pedirlle contas ao presidente a causa da súa relación con Marcial Dorado, "un feito intranscendente". O titular da Xunta descarta que a filtración proceda do PP e coida que se trata dunha cuestión "persoal". Audio no interior
Blanco apártase da carreira por liderar o PSdeG e Novo Socialismo lanza a Iván Puentes
NSG e José Ramón Gómez Besteiro presentan os seus proxectos á militancia socialista á espera de saber se Pachi Vázquez optará revalidar o liderado do partido
'O Apóstolo' triunfa nos Mestre Mateo cun audiovisual "que loita por saír adiante"
O presidente da Academia Galega do Audiovisual reivindica a capacidade do sector para xerar riqueza nunha gala con chiscadelas reivindicativas na que o Xabarín Club levou o premio de honra