A Xunta destina 900.000 euros a manter os seus xardíns
O Goberno galego inicia os trámites para contratar unha empresa que coide ata 2015 os seus 140.000 metros cadrados de xardíns, nos que medran máis de 6.000 arbustos e 315 árbores
Vázquez confía nun pacto con Ferraz pero non "cederá" na convocatoria de primarias
O secretario xeral do PSdeG non ve "crible" que a dirección do PSOE "non sexa quen de adaptar unha norma interna" para renovar a secretaría xeral e advirte de que segue adiante co seu plan.
O PP, contra todos na defensa das deputacións
Os conservadores vetan a toma en consideración da proposición de lei coa que o BNG, que tivo o apoio de PSdeG e AGE, pretendía dar os primeiros pasos para suprimir as institucións provinciais por "caciquís" e "clientelares"
O PSdeG aposta por celebrar primarias sen permiso de Rubalcaba, que racha o pacto
A dirección dos socialistas galegos amósase disposta a ir á batalla contra a cúpula federal e mantén a convocatoria do Comité Nacional para o día 26 coa intención de chegar "ata o final" na celebración da consulta para renovar a secretaría xeral
Os afectados das preferentes falarán no Parlamento
O PP amósase disposto a que unha representación das persoas afectadas pola estafa das antigas caixas explique "a súa situación" na comisión de investigación do Parlamento sobre a xestión das entidades. A oposición reclama abondosa documentación interna das malogradas Caixa Galicia e Caixanova.
Ten sentido exportar leite a México?
Os sindicatos agrarios recean das expectativas creadas polo presidente da Xunta sobre eventuais vendas de produtos lácteos no país centroamericano. Unións Agrarias e Sindicato Labrego Galego dubidan da viabilidade técnica e económica da promesa gobernamental.
A Xunta aínda non renunciou a recorrer as sentenzas do decreto plurilingüe no Supremo
O Tribunal Supremo contacta coa Real Academia Galega para informala de que o Goberno de Feijóo aínda ten un mes para decidir se mantén ou retira o seu recurso contra os ditames do TSXG que ilegalizan parte do decreto do plurilingüismo
O PP 'coa' na nova lei de alugueiros a fin das axudas aos préstamos de vivenda
Os conservadores introducen no Senado unha emenda ao proxecto lexislativo de Fomento para recortar definitivamente a subsidiación de créditos para a compra de vivenda. A Xunta ratifícalle ao BNG que non compensará a eliminación destas prestacións.
Besteiro e Puentes fan quilómetros cun ollo posto en Pachi Vázquez
O líder dos socialistas lugueses e o portavoz nacional de Novo Socialismo Galego preséntanlle á militancia do PSdeG os seus proxectos para renovar o partido mentres agardan saber se o actual secretario xeral aspirará ou non á reelección
Agadic dá cinco días (outra vez) para optar a dirixir a súa política audiovisual
A Axencia Galega das Industrias Culturais convoca un novo recurso, con criterios menos estritos, para elixir a persoa que coordine o seu departamento audiovisual tras o cesamento de Anxo Quintanilla
Feijóo admite que os contratos da flota menor de Pemex tamén dependen dun concurso
O presidente da Xunta di que en xullo se saberá se empresas galegas poden construír embarcacións para a petroleira por importe de 240 millóns mentres alimenta as expectativas de investimentos do país azteca en Galicia
A Xunta disponse a controlar máis o horario do seu persoal
O Goberno galego prepara unha orde que inclúe a figura da "compensación horaria" para os empregados e empregadas que cheguen tarde. A mesma norma regulará os sistemas de horario flexible e o teletraballo.