"Cal é o papel da Virxe na saída da crise?"
O deputado de Amaiur Jon Iñarritu recompila diversas apelacións do Goberno central á intercesión divina e ínstao a aclarar a influencia real dos santos na política española.
O feminismo galego "non vai deixar durmir" a contrarreforma do aborto
A Plataforma Galega polo Dereito ao Aborto convoca unha manifestación nacional para o vindeiro 9 de marzo e salienta que Feijóo se está a presentar como "poli bo" mentres aplica políticas antiabortistas
Medio Rural trabúcase ao mercar a roupa do persoal contra incendios e ten que cancelar o proceso
A Xunta vese obrigada a reiniciar o procedemento para mercar as prendas tras varias reclamacións das empresas interesadas e un informe dun subdirector xeral no que se constatan erros "non subsanables".
Máis denuncias por violencia machista en Galicia, pero tamén máis retiradas
As renuncias a culminar os procedementos legais contra os maltratadores aumentaron un 10% no terceiro trimestre de 2013, un dato "especiamente preocupante" que leva o Observatorio contra a Violencia de Xénero a reclamar máis medidas administrativas e xudiciais.
Os alcaldes das cidades galegas, máis austeros do que esixe Rajoy
O Goberno entral establece fixa os salarios máximos dos rexedores municipais cuns límites que lles permiten ás alcaldías galegas superar, en todos os casos, a remuneración do presidente da Xunta.
A Xunta "fomenta" o software libre mentres gasta 380.000 euros en ordenadores con Windows
O Goberno galego asegura que está a fomentar a "migración" dos postos de traballo do seu persoal a programas de código aberto, pero segue a esixir o sistema operativo de Microsoft nas compras de novos equipos informáticos.
A Xunta incumpre o Plan Xeral de Normalización, que só é "unha referencia"
Educación admite que obvia a presentación dunha programación anual para desenvolver o PXNL, tal e como aceptara facer o Goberno de Fraga en 2004 coa aprobación unánime do documento.
Só Marcial Dorado logra que Feijóo compareza
O PP veta a celebración dun pleno extraordinario solicitado polo PSdeG e apoiado polo resto da oposición para abordar asuntos como a venda de Novagalicia Banco ou a contrarreforma da lei do aborto.
O PP fai que non oe as alternativas da oposición á súa reforma electoral
Os conservadores teiman en que os demais grupos non presentaron ningunha proposta formal fronte ao seu recorte de escanos aínda que o BNG xa o fixo en maio, o PSdeG vén de facelo e AGE avanza que tamén o fará.
O peche de Dolce Vita, un síntoma na Galicia dos centros comerciais
O primeiro peche dun gran centro comercial en Galicia apenas cinco anos despois da súa apertura reabre o debate sobre as grandes superficies, que se expandiron por todo o país mentres pechaban máis de 5.000 pequenos comercios.
A relixión na escola pública galega, en caída libre pero co mesmo profesorado
O alumnado que cursa a materia de relixión católica baixa 15 puntos en Primaria e case 20 en ESO e Bacharelato nunha década, pero o Goberno galego mantén intacto o cadro de profesores e profesoras.
A Xunta ocúltalle ao Parlamento canto gastou na Vuelta a España 2013
Turismo eloxia o paso da carreira ciclista por Galicia pero obvia que gastou, cando menos, 165.000 euros para financiar o anuncio publicitario do evento deportivo. O Xacobeo Galicia deixou de correr porque lle faltaba, segundo Ezequiel Mosquera, unha achega dun millón e euros.