As autoridades galegas, mobilizadas por unha visita vaticana
O presidente da Xunta, a presidenta do Parlamento e outros representantes das institucións autonómicas e estatais condicionan esta fin de semana a súa axenda pola visita do secretario de Estado do Vaticano, Tarcisio Bertone.
Un Día das Letras de loita e festa
Queremos Galego sae este 17 de maio de novo ás rúas para reclamar a posibilidade de "vivir en galego". A Mesa ou a AGAL subliñan a importancia de que a protección do idioma sexa "prioritaria" para a Xunta apoiadas por persoeiros do mundo da política, a cultura e o deporte.
Amosar os contratos de Dorado, como "traer todas as camas do Sergas ao Parlamento"
O secretario xeral de Sanidade evita concretar se as empresas do narco traballaron para o Servizo Galego de Saúde nos anos 90 escudándose en que a oposición pediu ver "a totalidade dos contratos", os mesmos que Feijóo asegurou que foran destruídos
Feijóo amaga con denunciar a Beiras polas súas acusacións no caso do narco
O presidente da Xunta di estar a "reconsiderar" a posibilidade de levar aos tribunais a AGE e a "xornais" polas "imputacións" sobre a súa relación con Marcial Dorado. AGE esixe a dimisión do titular do Goberno galego "por mentirlle á cidadanía"
Feijóo tenta desactivar a oposición do PSdeG pola vía dos pactos
O presidente da Xunta teima en que os socialistas abandonen a confrontación co Goberno e colaboren para, entre outros plans, renovar o Consello de Contas e recortar o Parlamento
O PP galego alíñase coa Red Madre ante a reforma da lei do aborto
Os conservadores responden, a iniciativa do BNG, que cómpre reformar a lexislación sobre interrupción do embarazo para protexer "o nasciturus" e defenden os argumentos da campaña que insta a Ruiz-Gallardón a executar xa o cambio normativo
O PP tenta que a oposición asuma o decreto plurilingüe en plena semana das Letras
Os conservadores ofrecen un plan de "consenso" lingüístico cuxo primeiro punto é que PSdeG, AGE e BNG acepten a actual normativa.
O BNG pide contas pola venda de empresas e Feijóo acúsao de "pechar as portas de Galicia"
O presidente amosa "orgullo" por que Pemex merque Barreras e culpa o Bloque de que Fenosa estea controlada por Gas Natural
Feijóo di non ter os contratos con Dorado que lle pide AGE, á que lle achaca "violencia"
Alternativa reclama coñecer todas as achegas económicas do Goberno galego ás empresas do narco e o presidente pide "desculpas" pola "situación que vive Galicia a consecuencia da coalición" que lideran Beiras e Díaz
O PP desliga a Xunta da crise da empresa láctea que financiou
Os conservadores evitan que prospere unha moción na que o BNG reclamaba que o Goberno galego presentase un plan de viabilidade e mediase para solucionar os problemas financeiros de Alimentos Lácteos
O PP aférrase ao modelo Sogama e veta a ILP contra a incineración
Os votos dos conservadores impiden que sexa tomada en consideración a iniciativa que pedía desbotar a queima de lixo e substituíla pola reciclaxe, redución e reutilización de residuos
Unanimidade no Parlamento para que Galicia "aproveite" a lusofonía
Todos os grupos da Cámara aproban tomar en consideración a ILP Valentín Paz Andrade para implantar o portugués nos centros escolares galegos, aínda que o PP aclara que debe ser tratada como "idioma estranxeiro con carácter opcional e non obrigatorio".