A Xunta financia con 60.000 euros o persoal da Red Madre
O grupo antiabortista recibe máis cartos dunha orde de axudas de Igualdade que asociacións contra a droga ou colectivos de apoio a persoas con síndrome de Down.
Baixaron os impostos con Feijóo?
A recadación tributaria da Xunta incrementouse nun 55% dende o retorno do PP ao poder. Máis do 60% dos tributos que o Goberno prevé recadar en 2014 gravan a toda a poboación con independencia da súa renda.
Feijóo nega o recorte aos libros de texto que incluíu nos Orzamentos
O presidente da Xunta volve recorrer ao bipartito para retrucar ás críticas pola suba do paro, o escaso impacto da rebaixa do IRPF e a "fraude electoral" dos supostos contratos con Pemex.
A Xunta prevé deixar sen axudas para libros a 30.000 estudantes máis en 2014
Educación admite que cubrirá a menos alumnado cos subsidios para manuais escolares, que perden o 25% da súa dotación orzamentaria para o vindeiro exercicio económico.
O PP ignora as normas parlamentarias e volve vetar a investigación de Angrois
Os conservadores volven contradicir o Regulamento da Cámara e teiman en que o lexislativo galego "non ten competencias" para realizar a investigación que reclamaban AGE e BNG. O PSdeG abstense. Vídeos no interior
O PP desempoa a teima de ilegalizar os gobernos de coalición
Louzán augura, nunha conferencia na que foi presentado por Feijóo, que o Goberno central impulsará unha reforma electoral para garantir os gobernos monocolor
A Xunta ingresa un 60% máis por impostos indirectos que polos que gravan a renda
A Xunta prevé ingresar en 2014 1.900 millóns por tributos directos e 3.133 polos que paga toda a poboación con independencia dos seus ingresos. Dende 2009 os ingresos tributairos da autonomía subiron case un 30%.
Por que "os mortos non falan a mesma lingua que os vivos"?
Xunta, partidos políticos e sindicatos comprométense a restaurar a "memoria lingüística de Galicia" asumindo unha iniciativa da Asociación de Funcionarios para a Normalización a prol do uso do galego nos actos fúnebres
O solo empresarial que a Xunta ten sen vender triplica a superficie das sete cidades
O Goberno galego ten á venda unhas 1.000 parcelas en 50 parques industriais diferentes que suman 2.800 quilómetros cadrados. No que vai de ano foi quen de colocar 23.
Os fogares con todos os membros no paro duplicáronse en Galicia dende 2009
Máis de 12.000 nenos e nenas vivían a finais de 2012 no país en fogares sen ningunha persoa ocupada. Entre a mocidade, a taxa de desemprego xa supera á de ocupación.
O goberno de Louzán é o máis caro das deputacións galegas
A Deputación de Pontevedra gasta case o dobre que as outras tres en órganos de goberno e é a única que aumentou o gasto de persoal en 2013. Os entes provinciais manexaron en 2013 un orzamento global de 461 millóns de euros.
PSdeG e BNG, dispostos a "entenderse" para frear os recortes
Besteiro e Vence volven tender as pontes entre as organizacións que lideran nun encontro inédito dende os tempos do bipartito. O PP acúsaos de citárense para "enganar á cidadanía".