Beneficios fiscais para quen promocione o "franciscanismo"
A Xunta ratifica no Parlamento que o oitavo centenario da chegada de Francisco de Asís a Compostela será "acontecemento de excepcional interese público" entre 2013 e 2015 e, polo tanto, as empresas que colaboren na súa difusión terán rebaixas tributarias
Parón nos tribunais para que a Xustiza siga sendo "de toda a sociedade"
Xuíces e fiscais protagonizan unha inédita folga que en Galicia superou o 50% nas principais cidades para rexeitar a Lei de Taxas e reclamar medios axeitados para ofrecerlle un bo servizo á cidadanía
O PSdeG insta a Xunta a reverter o "machadazo" aos servizos sociais municipais
Os socialistas reclaman no Parlamento que Benestar lle reclame a Rajoy o mantemento do plan concertado, que financia servizos como a teleasistencia, e que non recorte os fondos autonómicos que achegaba a este proxecto
A oposición 'arrastra' a Feijóo para dar contas sobre a "corrupción" no Parlamento
O PP veta a solicitude do PSdeG para que o presidente "abordase" en pleno o "problema" das condutas corruptas, pero terá que responder sobre o asunto na sesión de control, a instancias de AGE e do BNG
A Xunta contradí os reitores e di que "ninguén deixa a universidade por causas económicas"
O secretario xeral de Universidades afirma no Parlamento que "non é certo" que haxa alumnado que teña que renunciar á súa carreira por non poder facerlles fronte ás taxas: "ninguén quedou fóra", teima. A Coordinadora en Defensa da Universidade Pública critícao e anuncia mobilizacións coincidindo co debate dos Orzamentos na cámara.
Facenda gasta 200.000 euros en 220 ordenadores con Windows
O Centro Informático para a Xestión Tributaria Económico-Financeira e Contable inicia o proceso de compra de ordenadores para diversos departamentos da área financeira da Xunta e esixe que os equipos teñan preinstalado o sistema operativo de Microsoft
Abrente reivindica a traxectoria do BNG e desmárcase do documento base da asemblea
O grupo de Aymerich non ve viable que á cita asemblear de marzo concorra unha lista única ao discrepar na necesidade de "revisar" o labor do Bloque dende finais dos 80 e ao defender a necesidade de "unidade" do nacionalismo
Os escándalos e as liortas márcanlle o ritmo ao goberno de Santiago
O PP compostelán tivo que correr a lista tres veces dende o inicio do seu primeiro mandato ao mando da capital de Galicia, ao que chegou tras modificar a candidatura que tiña prevista para excluír dela a Ángel Espadas.
Rueda chama á orde por enésima vez a un PP de Santiago aferrado ás "desculpas"
O PSdeG compostelán asegura saber de fontes "fidedignas" que Feijóo valora enviar concelleiros non electos á cidade para "tutelar" o goberno local, sumido de novo no descontrol polo caso 'Manga'. O alcalde reorganiza o seu gabinete tras a dimisión do edil de seguridade, en liberdade baixo fianza.
A Xunta sobe as axudas para o galego na escola privada malia recortar o 70% en normalización
Os fondos para fomentar a lingua galega perderon sete de cada dez euros dende 2009 pero Educación incrementa un 25% as achegas para proxectos no ensino privado despois de reducilos un 64% un ano antes
Feijóo volve prometer a lei de publicidade institucional e desdeña un novo Estatuto
Como no inicio do seu primeiro mandato, o presidente inclúe entre as súas prioridades lexislativas a regulación por lei da propaganda oficial. O Goberno galego asegura que levará adiante un paquete de leis marcado, ao xeito dos pasados anos, polas reformas de normas anteriores.
A Plataforma das Artes Escénicas, novo colectivo expulsado do Parlamento
Membros da plataforma que representa diversos colectivos artísticos do país reclaman que Jesús Vázquez responda ao que lle preguntaba o BNG sobre a ausencia de programación en AGADIC e a presidenta da Cámara ordena a súa marcha