Feijóo reclámalle a Baltar que integre na súa directiva os afíns á dirección do PPdeG
O presidente da Xunta, que renunciou a impulsar unha candidatura alternativa, insta o líder da formación en Ourense a "apartar as diferenzas de épocas anteriores"
A Xunta abre a porta á práctica da caza en zonas vedadas
A nova lei que regulará a actividade cinexética permite abatir "depredadores" en zonas nas que está prohibido cazar. Só será precisa unha autorización previa de Medio Rural.
As denuncias de "manipulación" do caso Bárcenas na TVG chegan ao Parlamento
O PSdeG reclama a destitución dos responsables dos informativos da canle pública polas informacións sobre o presunto financiamento irregular do PP. Feijóo sae en defensa de Rajoy e asegura ter como única certeza que o ex tesoureiro conservador tiña 22 millóns en Suíza.
O PP desbota manter 109 orientadores laborais porque a Xunta xa os despediu
Os conservadores consideran que a petición de AGE é "de imposible cumprimento" porque "non ten sentido" reclamar o mantemento de contratos que "xa expiraron"
O PP di concordar con que Lugo precisa a hemodinámica que Feijóo promete dende 2011
A oposición parlamentaria lembra que a carencia do servizo para atender infartos no hospital lugués duplica o tempo de atención e a mortandade de pacientes
Aumenta a poboación galega que ve "inevitable" a violencia machista
A opinión de que as agresións de xénero son inherentes á sociedade ou mesmo "aceptables nalgunhas circunstancias" concéntrase na poboación con menor nivel de estudos e maior de cincuenta anos, segundo un estudo da Xunta
O PP manterá os recortes na cooperación ao desenvolvemento malia prometer non facelos
Os conservadores rexeitan unha iniciativa socialista, apoiada por toda a oposición, para garantir o cumprimento de obxectivos asumidos polo Goberno galego como chegar a destinar o 0,7% do orzamento aos países en vías de desenvolvemento
Feijóo renuncia a destronar a Baltar
Manuel Baltar será o único candidato á presidencia no congreso do PP de Ourense pero a dirección autonómica ten garantida a presenza dos seus fieis nos órganos do partido na provincia
O PP accede a crear unha comisión anticorrupción pero non a ampliar as declaracións de bens
Todos os grupos da Cámara aproban a proposta socialista de estudar as vías para atallar as condutas corruptas. En pleno escándalo do Bárcenas, os traballos estarán inspirados nas suxestións do fiscal superior de Galicia
Quen non acate as normas da presidenta verá os plenos do Parlamento nunha pantalla
Pilar Rojo transmítelles verbalmente aos grupos a súa intención de permitir que os grupos poidan volver convidar cidadanía á Cámara. As persoas visitantes terían que asinar un compromiso de non alterar a orde da sesión.
O "foro autonómico" prometido por Feijóo para manter fondos da UE fica nunha "declaración"
O presidente da Xunta asegurou durante a súa investidura que procuraría unha unión de autonomías e Goberno central para lograr o mantemento das axudas comunitarias. Finalmente, o pacto queda nun documento con peticións conxuntas.
Os recortes fan que tratar o cancro sexa o triplo de caro para quen o padece
A Asociación Española contra o Cancro alerta dos perigos de medidas como o repagamento no transporte sanitario non urxente mentres colectivos cidadáns e de doentes alertan contra a primacía dos criterios económicos sobre os clínicos