A presidenta do Parlamento amonesta a Ana Pontón por chamarlle "corrupto" a Feijóo
Pilar Rojo forza a retirada da acta do pleno parlamentario da intervención na que a nacionalista considerou que o presidente incorre en "corrupción" ao lanzar "mentiras" na Cámara
O PSdeG acusa a Feijóo de pagar 48 millóns máis en xuros da débeda por "vaidade"
Pachi Vázquez asegura que o Goberno galego non acode ao Fondo de Liquidez Autonómica (FLA)polo carácter vaidoso do presidente malia ofrecer financiamento máis barato
Andalucía, Zapatero ou Esquerra, escudos de Feijóo ante os casos de corrupción
O presidente da Xunta manifesta a súa "repugnancia" por Bárcenas pero elude ofrecer as "explicacións" que lle reclaman no Parlamento PSdeG, AGE e BNG
A Xunta recortou os fondos para acceso á vivenda un 70% en tres anos
En plena vaga de desafiuzamentos, o Instituto Galego de Vivenda e Solo conta cuns 60 millóns de euros menos que en 2010 para facilitar que a cidadanía poida vivir nun piso protexido
O Estado é "consciente da importancia" do Festival de Cans, pero ratifica que non o axudará
O Goberno central xustifica nas "severas restricións orzamentarias" a retirada do apoio económico ao certame porriñés, que apoiaba o 12% dos seus gastos nunha achega do Instituto da Cinematografía e das Artes Audiovisuais
A Eurocámara viaxa a Galicia polas denuncias de "alta contaminación" nas rías
Unha comisión do Parlamento Europeo desprázase esta semana a Vigo, Ferrol e A Coruña en resposta ás alertas de once colectivos cidadáns sobre os "altos niveis de contaminación". Ana Miranda, Antolín Sánchez Presedo e Francisco Millán Mon forman parte da delegación parlamentaria.
Galicia captará uns 2.000 millóns de fondos europeos... Para que?
A Xunta congratúlase de que o acordo do Consello Europeo lle permita manter arredor do 60% das axudas da UE que viña recibindo. O Goberno galego non concreta, polo momento, a que proxectos se dedicarán estas achegas.
O Banco Gallego vale -150 millóns e será vendido en primavera
O FROB ratifica que venderá a entidadade, participada en case un 50% por Novagalicia Banco, e que non precisa o consentimento dos investidores actuais para realizar a operación
O BNG agradece a "contribución económica" da súa militancia: "outros fináncianse con sobres"
Os nacionalistas subliñan o "compromiso" das súas bases ante a petición dunha achega económica "extraordinaria" coa que garantir a "viabilidade" da organización
Fomento paraliza a autovía entre Lugo e Santiago ata 2015
A Deputación luguesa revela que a empresa adxudicataria das obras lle solicitou prolongar durante dous anos os desvíos por estradas provinciais derivados da construción do treito entre Palas de Rei e Guntín. A Xunta asegurou que o vial estaría en servizo no propio 2015.
"De 700 persoas que traballan na Deputación de Ourense non atopamos vínculos co PP en 15"
O voceiro do PSdeG na Deputación de Ourense congratúlase de que se investigue a política de contratación de José Luis Baltar, "aínda que sexa tarde", e advirte de que a vía política non está esgotada, xa que aínda hai marxe de manobra para que Manuel Baltar teña que someterse a unha investigación na propia institución provincial, di
Pilar Rojo aplicará as súas normas de admisión ao Parlamento malia non haber pacto
Quen non se comprometa por escrito a non cometer "desordes" durante o pleno poderá seguir a sesión a través dunha pantalla no grupo parlamentario que o convidase.