O TC abraza a doutrina lingüística de Feijóo para o funcionariado
O Tribunal Constitucional avala a reforma da lei da Función Pública balear que elimina o catalán como mérito para os postos da Administración. O Tribunal achégase así ao criterio da Xunta e afástase do seu propio, cando avalou que o funcionariado de Catalunya ten que coñecer a lingua propia.
Así (non) lastran as autonomías a débeda pública
O groso da débeda do Estado español é a da Administración central, con máis de 800.000 euros. As comunidades autónomas non chegan aos 200.000 millóns e os concellos suman 35.500, 7.000 dos cales corresponden a Madrid.
A fin dos envíos de papeletas ás casas aforraría ata 1,7 millóns por elección
As forzas parlamentarias galegas teñen dereito a 16 céntimos por cada integrante do censo. Os socialistas reclaman ante o Consello de Contas a fin destas achegas e que os sobres de votación estean só nos colexios electorais para evitar a carretaxe.
Wert usa unha filial de Tragsa para tramitar as bolsas universitarias
O Ministerio de Educación utiliza a empresa Tecnología y Servicios Agrarios no reclutamento de persoal que xestione as axudas mentres enfraquece os planteis das institucións académicas.
Unha xuntanza de presidentes sen política
Touriño, Laxe e Albor acoden este mércores a un inédito encontro de mandatarios que o PP presenta como "apartidario". A reunión semella ser o pórtico do debate de política xeral, no que os conservadores tentarán atraer ao PSdeG para chegar a pactos conxuntos, á marde de AGE e do BNG.
E se pechase a Xunta?
As semellanzas entre o sistema político galego e o estadounidense son escasas. Non obstante, o peche parcial das actividades do Goberno federal dos EUA pode servir como escusa para realizar un exercicio de política ficción. Que acontecería se o noso modelo parlamentario permitise bloquear as actividades que dependen do Goberno?
O AVE volve absorber a maior parte do investimento do Estado en Galicia
Máis da metade dos cartos que os Presupostos dedican ao país consúmense na alta velocidade, o que permite a autonomía manterse como a terceira en investimento.
As forzas parlamentarias gastaron 4,29 millóns na campaña de 2012
PP, PSdeG, AGE e BNG gastaron 900.000 euros máis dos que recuperarán polas subvencións electorais, pero ningunha das catro formacións excedeu o límite legal. Os conservadores realizaron o 45% do gasto das catro organizacións.
A hora de Besteiro
O Congreso Nacional dos socialistas ratifica este domingo o seu novo secretario xeral, a quen lle corresponde cadrar as pezas internas na conformación da nova Executiva e decidir quen será a voz da nova dirección no Parlamento
Feijóo descarga nos seus deputados a responsabilidade de tributar por todo o soldo
O presidente evita pedir abertamente que os membros do lexislativo tributen polo 100% do seu salario, unha medida á que toda a oposición é favorable
A CRTVG ve máis "interesante" a denuncia ao presidente d'A Mesa que a súa absolución
O director xeral dos medios públicos galegos asegura que "obviamente" non segue o blog Eu non manipulo, mantido por persoal do ente, porque non lle presta atención a "nada anónimo"
A Xunta retén o 63% dos papeis que lle pediu a oposición no que vai de lexislatura
O Goberno galego non atendeu 224 das 353 solicitudes de documentación que lle formularon PSdeG, AGE e BNG. Tras varios anos publicandoestes datos, co novo mandato a Presidencia do Parlamento deixou de facelo