A Xunta distribúe como "enquisa" a consulta lingüística tras dicir que non o era
O Goberno galego contradí na práctica o anunciado por Política Lingüística. O PP defende no Parlamento a fin do "gratis total" nos comedores escolares.
"O PP denunciou o sindicato para amedrentarnos e que fósemos dóciles"
O secretario xeral de Unións Agrarias, Roberto García, analiza o arquivo da demanda dos conservadores contra a central sindical, á que acusaron de financiar ilegalmente o PSdeG malia non presentar "unha soa proba documental". "Había preocupación polo noso papel sindical e perseguíronos", afirma.
O veto á investigación de Angrois: Cuestión de competencias?
Feijóo argumenta que o Parlamento galego non é competente para indagar no acontecido no accidente ferroviario, contradicindo así o Regulamento da Cámara e mentres o PP tamén o rexeita en Madrid
A tentación de trasladar a política aos tribunais
Goberno e oposición lanzáronse nos últimos meses diversas advertencias sobre a posibilidade de derivar controversias políticas á Xustiza sen chegaren a concretar eses amagos
O PP evita reprobar no Parlamento o alcalde que xustificou os crimes do franquismo
Os conservadores non aceptan "leccións de democracia" do BNG por non "adherirse" á sentenza sobre Resistencia Galega mentres rexeitan esixir que o rexedor de Baralla abandone o seu cargo
"Ninguén cre que o castelán estea en perigo"
O ensino balear inicia o curso cunha folga indefinida do profesorado para rexeitar os recortes e, sobre todo, o decreto trilingüe do Goberno do PP. María Antònia Font, responsable de normalización lingüística do sindicato STEI, explica para Praza Pública os motivos da mobilización.
Os incendiarios gáñanlle á veciñanza de Maceiras no terceiro intento
A aldea de Carnota "acosada" polos intentos de prender lume dende o pasado sábado sofre un incendio na madrugada do domingo ao luns
A Xunta reduce á mínima expresión as axudas á produción audiovisual en galego
Agadic vólvelles pasar a tesoira ás súas axudas para producir e coproducir traballos audiovisuais "con decidido contido artístico e cultural" e acumula un recorte de case un 80% dende o retorno do PP á Xunta
As vías do nacionalismo galego para ir a Europa
As principais formacións nacionalistas expresaron xa as súas apostas para concorrer aos comicios á Eurocámara. Todas deixan a porta aberta ao diálogo.
"Non queremos os titulares cando teñamos o monte queimado"
Un veciño de Carnota relata o "acoso" dos incendiarios que sofre a súa aldea e a loita da veciñanza, "soa" e con baldes caseiros, para facerlles fronte. Nunha soa xornada evitaron o inicio de dous incendios.
O BNG recupera o Día da Patria cun berro contra a "resignación"
O Bloque logra encher a Quintana na súa mobilización pola soberanía, na que Xavier Vence reivindica a militancia e advirte de que non cómpre "buscar inimigos no nacionalismo". Galería de imaxes e vídeo no interior
O incendio de Carnota, controlado tras catro días e máis de 2.000 hectáreas queimadas
A xoia natural do Pindo fica arrasada e o Concello carnotán solicita a declaración de zona catastrófica coa ausencia do PP, que acusa o Goberno municipal de provocar "un incendio político".