Cando o PP esixía "falar de política" tras os incendios
O actual Goberno galego reclama desligar os incendios da política forestal, unha petición que contrasta co duro discurso despregado polos conservadores na oposición ante as crises incendiarias
A xuíza non atopa a fraude de subvencións do PSdeG que denunciou o PP
Un xulgado de Santiago arquiva a causa que os conservadores alcumaron como 'trama agraria', que segundo o partido do Goberno lles servira aos socialistas para financiar campañas electorais con cartos públicos a través de Unións Agrarias
A débeda da Xunta xa é un 94% superior á que atopou Feijóo
Galicia acumula un endebedamento de máis de 9.300 millóns de euros e case duplica, malia á lixeira baixada do segundo trimestre, á que deixou o anterior Goberno
O medio millón do Sergas para cregos resiste en plena crise
O Goberno galego orzamentou en 2013 máis de 660.000 euros para sufragar o persoal relixioso dos hospitais. A presenza dos sacerdotes nos centros sanitarios está rexida por un convenio de 1995 que o bipartito prorrogou.
A Xunta limítase a certificar a defunción da súa aposta para o sector lácteo
Feijóo evidencia o fracaso de Alimentos Lácteos e irrita o sector ao eloxiar a suba momentánea dos prezos do leite: "cando as cousas van mal di que non ten competencias", lembran.
O PP, á procura de 'artillaría' contra o bipartito nos arquivos da Xunta
O Goberno galego entrégalles aos conservadores datos dos contratos asinados entre 2005 e 2009 coa empresa Aquagest, presuntamente implicada no caso Pokémon a través dalgúns dos seus dirixentes
Paga máis quen máis ten? Cando?
A Xunta defende a introdución de taxas en servizos públicos que antes eran gratuítos á hora de seren empregados en aras da "equidade". Mentres, a oposición reclama unha reforma fiscal para que esa diferenza nas achegas se produza a través dos impostos.
O caso Bárcenas axítalle as augas parlamentarias a Feijóo
AGE esíxelle explicacións ao presidente polo "financiamento ilegal" do PP e acúsao de "cobrar en B" nunha tensa sesión. O xefe do Executivo teima en que NCG seguirá a ter "vinculación con Galicia".
O PP négase a entregar os papeis de Marcial Dorado e volve irritar a oposición
Os conservadores vetan unha iniciativa coa que o PSdeG instaba a Xunta a entregar "en tempo e forma" os documentos que lle reclaman, como manda o Regulamento do Parlamento.
Pódese falar do que se queira no Parlamento?
A Presidencia da Cámara galega aplícalles con rixidez aos grupos da oposición o precepto regulamentario que impide abordar temas diferentes ao que marca cada punto da orde do día. Vídeo no interior
O PP négalle ao Parlamento "lexitimidade" para investigar o accidente de Angrois
Os conservadores tomban a solicitude de AGE e BNG para crear unha comisión sobre o acontecido no sinistro do Alvia amparándose en que as competencias ferroviarias son do Estado. O PSdeG abstense.
"Galiza está ao bordo do colapso social e hai que reaccionar"
O portavoz nacional do BNG percibe "unha sensación de paz interna" na formación que "anima a xente a traballar con máis ganas". Coa manifestación do 15 de setembro como primeira gran cita política do curso, o líder do Bloque aposta por "superar" a "división" do nacionalismo, a comezar polas vindeiras eleccións europeas.