O autogoberno galego, conxelado dende o inicio da crise
O último traspaso de competencias acordado entre a Xunta e o Goberno central data do ano 2008, aínda co bipartito. A oposición atribúe a parálise a que Feijóo está "supeditado" á "estratexia" de recentralización de Rajoy, mentres a Xunta dá o autogoberno por "blindado"
"O Goberno central vai liquidar os concellos de menos de 20.000 habitantes"
Alcaldes e edís de PSdeG, BNG, Anova e CxG convocan unha asemblea aberta a todos os grupos políticos para tentar frear a reforma local do Goberno de Rajoy
A universidade pública clama ante a Xunta pola súa supervivencia
O Sistema Universitario Galego inaugura o novo curso nun acto marcado polas protestas contra os recortes. O conselleiro de Educación, que presidiu o evento en ausencia de Feijóo, insiste en que as institucións académicas galegas están "mellor" que as do resto do Estado. Galería de imaxes no interior
Fomento mantén a aposta por un sistema aeroportuario galego 'a tres'
O Goberno central formula, como "enfoque inicial", que Santiago se especialice en rutas turísticas e internacionais, deixando para A Coruña e Vigo os voos de negocios. A Xunta espera polo seu plan estratéxico para os aeródromos, no que investiu 28.000 euros.
A Xunta gábase de pagarlle menos a Microsoft mentres lle encomenda os ordenadores novos
A Xunta subliña que reduciu á metade o gasto en licenzas da multinacional americana pero non é quen de explicar se deixará de esixir o seu sistema operativo nas novas compras de computadores
O Parlamento únese á protección do castro ameazado por unha autovía en Lugo
Todos os grupos apoian unha iniciativa do BNG para salvagardar os restos arqueolóxicos de Coeses do trazado da A-54
Pingueira de cartos públicos para converter Galicia en 'destino de golf'
O Goberno galego achegou máis de 100.000 euros en apenas dous anos para financiar torneos de golf e a promoción deste deporte. A Xunta pagou con máis de 160.000 euros o anuncio promocional da Vuelta a España 2013.
O PP de Feijóo transita da teoría da imposición á da 'paz lingüística'
O Goberno galego e o partido que o sustentan abandonan o duro discurso a respecto do galego que os impulsou a gañar as eleccións en 2009 mentres tenta encaixar o seu decreto plurilingüe nas sentenzas do TSXG que o ilegalizaron parcialmente
O que o Parlamento non investiga
A negativa do PP, apoiada polo PSdeG, a crear unha comisión para indagar nas causas do accidente de Agrois será o décimo segundo veto na última década a unha solicitude de investigación na Cámara galega
"A Xunta non se decata de que algúns nenos só comen en condicións no colexio"
Asociacións de nais e pais e sindicatos educativos comezan o curso entre a preocupación derivada da suba nas tarifas dos comedores escolares. Familias e docentes pregúntase que vai acontecer co alumnado que non poida xantar na escola por non poder pagar.
Galicia ignora as touradas tamén en televisión
TVE queda apenas supera o 10% de audiencia media no Estado coa súa retransmisión taurina, que en territorio galego ficou nun raquítico 4,8%
O PPdeG tenta correr máis que Bárcenas no reinicio da actividade política
Os conservadores galegos fían o seu roteiro político á suposta chegada da recuperación económica mentres a oposición segue a insistir na necesidade de que Feijóo deite luz sobre as contas internas do seu partido