Fernández Ordóñez di que a fusión das caixas, que aprobou, era o "mal menor"
O ex gobernador do Banco de España asegura, en resposta ao Parlamento, que "había outras opcións máis fundadas" que a unión das entidades galegas e lembra que o PP non se opuxo aos cambios normativos que agora critica
O Concello de Cedeira cédelle de balde un albergue municipal a unha organización franquista
O consistorio cedeirés outórgalle a concesión das súas instalacións á Organización Juvenil Española por proposta do seu alcalde, que tomou o bastón de mando en 1973
Baixan os soldos, soben as escolas infantís
Benestar "actualiza" as tarifas das súas gardarías, nas que só teñen praza de balde as familias que ingresen pouco máis de 150 euros ao mes
Currás admite agora que KPMG non fixo unha auditoría sobre as caixas
A ex conselleira de Facenda responde un segundo cuestionario escrito á comisión de investigación e admite que o traballo polo que o Goberno galego pagou máis dun millón de euros era só un "informe"
O PSdeG, esperando a Pachi Vázquez no medio da treboada
O secretario xeral dos socialistas galegos inicia a presentación da consulta á militancia sen revelar polo momento se concorrerá á reelección. Besteiro garante que non concorrerá ao congreso se non vence nas primarias e Novo Socialismo reclama as "máximas garantías".
A Xunta acusa o Consello de Europa de mentir sobre Galicia no seu informe lingüístico
A Consellería de Educación asegura que "é rotundamente incerto", como di o documento, que o Goberno galego "non colaborou co Comité de Expertos"
A Xunta será acusación popular nos asasinatos machistas
O Goberno galego segue os pasos de Andalucía, Castilla-La Mancha e Castilla y León e persoarase nos procedementos xudiciais en canto teña "coñecemento dunha morte por violencia de xénero"
O TSXG dálle 20 días á Xunta para que explique por que teima na enquisa lingüística
O alto tribunal admite a trámite o incidente de execución de sentenza presentado pola CIG Ensino despois de que o Goberno galego volvese distribuír os cuestionarios
Ana Miranda e Carmen Fraga, cara e cruz de Galicia na Eurocámara
A eurodeputada do BNG, que este mércores deixa o escano, é a representante galega máis activa. Mentres, só tres eurodeputados españois teñen unha actividade menor que a cabeza visible dos conservadores galegos.
BNG e Anova comezan a tender vías de colaboración
As formacións encabezadas por Xosé Manuel Beiras e Xavier Vence intercambian posturas nunha xuntanza a respecto das eleccións europeas de 2014, concordan na necesidade de "unidade de acción" no nacionalismo e emprázanse mutuamente a novos encontros
Unanimidade en Galicia para que a UE non "afunda" o naval
Todos os grupos do Parlamento de Galicia secundan unha declaración contra a devolución do tax lease un día antes de que Feijóo se reuna con Almunia. O PP oponse, non obstante, a tratar o tema nun pleno monográfico.
Industria gasta medio millón en anuncios para "xerar confianza" na saída da crise
O Goberno galego volve contratar, seis meses despois da última, unha campaña publicitaria para "sumar os galegos ao modelo económico que está a impulsar"