As noticias, mellor se acontecen en 'Orense' ou 'Arteijo'
A Mesa fai público, tras a denuncia dunha estudante, que a UNED explica nun manual de lingua castelá que a forma "correcta" da toponimia galega é a deturpada cando se escribe en castelán, por seren as formas "tradicionais españolas"
Só o PP lles escribe a Currás e Almunia
A comisión das caixas remítelles senllos cuestionarios á ex conselleira de Facenda e ao comisario da Competencia despois de que se negasen a acudir ao Parlamento. A oposición en pleno desmárcase e esixe as comparecencias.
A TVG gasta ata 5.400 euros en cada retransmisión da misa
A Televisión de Galicia disponse a contratar o servizo de gravación e emisión semanal da Eucaristía católica durante un ano por máis de 280.000 euros
Cando Feijóo cría "un erro" ocultar os datos dos incendios forestais
A Consellería de Medio Rural limita, por quinto ano consecutivo, a información sobre incendios forestais e só ofrece detalles dos de maís de vinte hectáreas. Cando estaba na oposición o actual presidente cría que non informar facíalle "un fraco favor á política forestal"
A Xunta atribúelle á "dinámica do mercado" as dificultades e peches de medios en galego
O Goberno galego obvia a súa obriga legal de garantir a presenza da lingua galega no ámbito xornalístico e atribúe á "estabilidade orzamentaria" a redución do peso do idioma no reparto de axudas á prensa
As axudas ás ANPA para comedores caeron un 45% dende o retorno do PP
A Consellería de Educación deixa en 600.000 euros os subsidios para soster o servizo nunha orde publicada co curso rematado na que incrementa os requisitos burocráticos para as asociacións
Touriño acusa a Feijóo de mentir: é "falso" que o bipartito soubese os problemas das caixas
O ex presidente sae ao paso das acusacións do seu sucesor contra o bipartito para asegurar que o Banco de España nunca o advertiu da "inviabilidade" das entidades e aclarar que si achegou datos ao respecto no traspaso de poderes
Feijóo excúlpase na fusión e fracaso das caixas
O presidente reparte responsabilidades entre os directivos, o Banco de España e os anteriores gobernos central e galego para explicar na comisión de investigación o acontecido coas fracasadas entidades financeiras
Feijóo ignora a quen pertence a colección de arte das antigas caixas
O presidente da Xunta asegura que o patrimonio artístico das antigas caixas está adscrito á súa obra social e non hai risco de que Galicia a perda, obviando que parte deses fondos artísticos son propiedade de Novagalicia Banco. Audio no interior
A reforma administrativa de Rajoy non convence nin á Xunta
Feijóo saca peito ao asegurar que o seu gabinete xa aplicou "oito de cada dez" das medidas que agora propón o Goberno central e advirte de que o Executivo galego non vai eliminar nin o Valedor do Pobo nin o Consello de Contas
A Xunta merca por 28.000 euros un plan de aeroportos mentres Fomento elabora outro
O Goberno galego contrata unha consultoría para que lle "describa" a xestión de AENA nas terminais do país e lle dea "detalles" da oferta actual de voos. Feijóo xustifica a operación argumentando que o seu gabinete precisa "formarse" e "informarse" ao respecto.
O BNG pídelle contas á Comisión europea pola "bochornosa" retención de Morales
Ana Miranda diríxese á alta representante da UE para a política exterior por considerar "inadmisible" o tratamento recibido polo presidente boliviano. AGE considera "intolerábel" a "actitude colonial" do Goberno de España.