Rueda emenda a versión inicial de Feijóo sobre Dorado: "non consta a destrución" de documentos
O vicepresidente carga contra a oposición por tentar "estirar" a relación do presidente co narco e o PSdeG ínstao a amosar os contratos con el tras constatar que non foron destruídos
O PP pide agora que o PSdeG "dobregue" a Almunia na decisión do 'tax lease'
O presidente da Xunta atribúelle en exclusiva ao comisario da Competencia a posibilidade de que o naval galego "afunda para sempre" e Pachi Vázquez lémbralle que "vinte dos vinte e sete" comisarios son do PP europeo
A Xunta cometeu "desviación de poder" na legalización masiva de vivendas en Barreiros
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia dálle a razón a Adega e tomba o plan sectorial que ía achegar 14 millóns de euros públicos para dotar de servizos a milleiros de vivendas á beiras do mar, moitas delas ilegais
Feijóo utiliza os papeis secretos das caixas para aferrarse á defensa da fusión
A oposición repróchalle ao presidente que "minta" ao dicir que a auditoría de KPMG avalaba a unión de Caixanova e Caixa Galicia. O xefe do Executivo recupera as críticas ao bipartito na derradeira sesión de control antes do verán.
A emigración galega, moza e con rumbo a Madrid e Sudamérica
Máis de 25.000 persoas marcharon de Galicia durante o ano 2012 e máis da metade tiñan entre 20 e 35 anos
A lei que lle pasa pacientes do Sergas á privada segue adiante só con apoio conservador
A oposición en pleno rexeita a Lei de Garantías, por considerar que "abre a porta" a un "cambio de modelo" no que as empresas de capital privado son equiparadas aos centros sanitarios públicos
A TVG paga unha factura de 36.000 euros por alumear a catedral de Santiago
A Televisión de Galicia contrata unha empresa externa para realizar a iluminación da retransmitisión das ofrendas ao apóstolo Santiago dende o templo compostelán
Méndez culpa das preferentes ao persoal de Caixa Galicia e da fusión, a Feijóo
O ex director xeral de Caixa Galicia libérase de toda responsabilidade na caída da entidade financeira e afirma que fixo "o indicible" para non "prexudicar" a clientela
Gayoso evita desculparse polas preferentes, emitidas "con boa fe"
Evita aclarar a concesión das indemnizacións millonarias aos ex directivos e proclama que a fusión con Caixa Galicia "fixémola porque era iso ou a morte". Mauro Varela asegura que nunca coñeceu a auditoría de KPMG.
"Temos a prensa máis atrincheirada e previsible de Europa"
O decano do Colexio Profesional de Xornalistas de Galicia reivindica no Parlamento o papel do xornalismo fronte á corrupción e alerta da "reintrodución" de prácticas tendentes á "censura"
O bipartito renunciou a ter representación nas comisións de control das caixas
O conselleiro de Economía do Goberno de coalición PSdeG-BNG, José Ramón Fernández Antonio, asegura que o Banco de España nunca lle amosou á Xunta ningunha "preocupación" pola "solvencia" de Caixa Galicia nin Caixanova
Grupos antiabortistas recibiron 175.000 euros da Xunta en 2012
Colectivos como a Red Madre, impulsada polo Foro Español de la Familia, recibiron máis cartos que Cáritas ou un grupo de apoio a persoas con síndrome de down para financiar programas de asistencia ás mulleres