O segredo dilúese na devaluada investigación das caixas
A publicación en prensa da auditoría de KPMG amosa que o documento non avalaba a fusión paritaria de Caixanova e Caixa Galicia mentres AGE advirte de que non se sentirá "obrigada" a manter o "silenzo" se o PP non revoga a reserva de documentación.
Galicia, sen abrigo en pleno "inverno demográfico"
O saldo vexetativo galego ratifícase como o máis negativo do Estado, con só trinta concellos nos que nacen máis persoas das que morren. A Xunta admite o problema e asegura que o atallará co seu plan demográfico, aprobado entre receos da oposición e dos sectores implicados.
Marcial Dorado 'volve' ao Parlamento
Os grupos da oposición cuestionarán de novo Goberno pola relación do presidente co narcotraficante no derradeiro pleno do período de sesións
O PP veta a condecoración ao bombeiro que se negou a desafiuzar a Aurelia Rey
Os votos dos conservadores tomban a iniciativa de AGE para distinguir o funcionario "que se colocou a carón das vítimas desta crise criminal", a quen o subdelegado do goberno propón sancionar xunto a Jorquera e dous edís coruñeses
A oposición clama contra o segredo na investigación das caixas
PSdeG e BNG reiteran a necesidade de que a documentación que aborda a comisión sexa pública mentres os conservadores consideran que xa está "ao alcance de toda Galicia" porque a poden ver os deputados, aínda que teñan prohibido relevar o seu contido
A Xunta busca de "urxencia" unha empresa privada para a arbitraxe das preferentes
O Instituto Galego de Consume volve dotarse de persoal alleo á Administración autonómica para xestionar as reclamacións contra Novagalicia Banco, desta volta por máis de 180.000 euros e durante nove meses
Agadic tenta ordenar as súas facturas para que Deloitte as audite
O director da Axencia Galega das Industrias Culturais remite unha misiva só en castelán ás empresas e profesionais que traballan con ela para pedirlles detalles das súas contas pagadas e pendentes
Rajoy disponse a "supeditar" ao Goberno central a acción exterior autonómica
O Consello de Ministros aproba a Lei de Acción Exterior, que malia limitar a marxe de manobra das autonomías conta, a priori, co visto e prace da Xunta
Os documentos do torpedeo á investigación das caixas
A Comisión Europea súmase a Novagalicia e ao Banco de España na negativa a remitirlle ao Parlamento de Galicia a información reclamada pola comisión que indaga na fusión e xestión das antigas entidades de aforro
Sanidade négase a pactar medidas de atención a drogodependentes e migrantes
A Consellería rexeita por carta a solicitude dos colectivos aglutinados en torno a SOS Sanidade para crear mesas de diálogo nas que "abordar os temas relativos á rede de atención ás drogodependencias e outros corectivos en risco de exclusión social".
A crise, escenario ideal para a sangría do emprego público
Estudos gobernamentais e sindicais acreditan a forte destrución de postos de traballo nas administracións ao abeiro da crise. A Xunta admite que prescindiu de máis de 4.000 persoas dende 2010.
O plan de Feijóo para "derrogar 86 leis"
Tras un primeiro mandato no que case o 40% da produción lexislativa foron modificacións de normas anteriores a Xunta lanza un proxecto de "simplificación lexislativa" para "redimensionar" o que o PP considera un "bosque lexislativo"