A fin dos 30.000 euros libres de impostos para cada deputado?
Feijóo asegura que en 2014 entrará en vigor a reforma para que os membros do lexislativo tributen por todo o seu salario. Na actualidade, máis da metade da remuneración chega a non estar suxeita ao IRPF.
A Xunta dobrégase tamén ante o novo copagamento farmacéutico
O Goberno galego adhírese dende o inicio á resolución do Ministerio de Sanidade que obrigará os doentes a pagar por medicamentos dispensados nos hospitais para tratar enfermidades como o cancro ou a hepatite. Feijóo desdeña as autonomías que non aplicarán a medida e presume de facer a "mellor" política social.
Acusan a Xunta de desviar persoal de extinción a tarefas de desbroce no verán para cobrar fondos europeos
A Unión Europea achega 20 mil euros por cada 5 hectáreas desbrozadas, un traballo que se debe realizar no inverno. O comité de empresa de Seaga denuncia que "houbo casos de lumes que non foron atendidos en ningún momento polos servizos de extinción" e que "alí foron os veciños os que os apagaron".
Galicia perdeu 1.200 docentes no ensino público en catro anos
O corpo docente do país descendeu un 3,25% malia ao incremento do alumnado. O conselleiro de Educación insiste na "normalidade" do inicio do curso escolar e insta a oposición a "deixar á marxe a confrontación política".
O bucle lingüístico importado por Feijóo séguelle a marcar o rumbo á Xunta
O PP veta unha initiva lexislativa do BNG que, apoiada por toda a oposición, pretendía fixar por lei os preceptos do Plan Xeral de Normalización aprobado por unanimidade en 2004. Vídeo no interior
A descafeinada comisión anti corrupción chega ao seu trámite final
AGE e BNG abandonan a elaboración do ditame final despois de que o PP vetase novas comparecencias. O PSdeG, promotor da comisión, aposta por elaborar unhas conclusións propias e "duras" coas prácticas corruptas.
A fundación que paga os actos do Gaiás fai cinco anos sumida na opacidade
A nacionalización de Novagalicia Banco provocou que o capital público fose maioritario no ente que naceu como privado sen que isto implicase aplicarlle maiores controis nin transparencia. Parte do seu obxecto fundacional era explotar os edificios que non van ser construídos.
A Xunta tenta afastarse do lume: a culpa "non é de quen o apaga"
O presidente apela a que "o 98% dos montes en Galicia son privados" para explicar a problemática dos incendios e nega que o 28 de agosto afirmou que as "cifras" de hectáreas queimadas eran "extraordinariamente positivas". Audio no interior
A busca de confluencias no nacionalismo para as europeas chega á recta final
Vence diríxese por carta a Beiras para convidalo a unha xuntanza na que explorar a conformación dunha coalición electoral sen forzas estatais. O líder de Anova subliña que a súa aposta é a dunha "fronte ampla non excluínte de forzas nacionalistas e da esquerda rupturista"
O TSXG dálle un mes á Xunta para cumprir as sentenzas do decreto e Feijóo di que xa o fai
O alto tribunal dita unha orde de execución forzosa dos ditames que anulan partes do decreto como as enquisas ás familias. Feijóo teima na realización das consultas e A Mesa e a CIG-Ensino ínstano a abandonar a "insubmisión permanente"
"Agredíronnos por ser homosexuais e non é un caso illado"
Falamos con Noel Dopazo, coordinador da área de liberdade afectivo-sexual de Esquerda Unida que, en datas recentes, sufriu unha "agresión homófoba" nun pub de Compostela. "Isto é consecuencia do aumento dos grupos de ultradereita", asegura.
A irrelevancia da Xunta na venda de Novagalicia Banco
O FROB reduce o papel do Goberno galego ao dun mero opinador no proceso de poxa da entidade herdeira das antigas caixas. Mentres, o gabinete de Feijóo mantén que traballa para que NCG manteña "os centros de decisión en Galicia". Audio no interior