A Xunta inxecta os primeiros 160.000 euros para a súa versión de Preescolar na Casa
Dous anos despois de favorecer a desaparición do programa socioeducativo que funcionou durante máis de tres décadas por consideralo innecesario o Goberno galego organiza cursos para as persoas que abrirán "casas niño", o proxecto para atender nenos e nenas en domicilios particulares.
Feijóo censura a "vaidade" na política mentres o PPdeG se proclama "invencible"
Os conservadores revólvense ante as enquisas que auguran que non acadarán a maioría absoluta en ningunha cidade galega nun mitin no que Feijóo dá por cumpridos "máis da metade dos compromisos" da lexislatura
A Unesco aplaude a conservación da Muralla de Lugo e pide máis persoal para xestionala
O monumento lucense fai este domingo catorce anos como Patrimonio da Humanidade cun "bo estado de conservación", segundo o organismo dependente da ONU, que cre necesario un "programa de educación e concienciación" sobre a construción romana.
Un alcalde do PSOE e unha alcaldesa do BNG pásanse ao 'baltarismo'
O PP de Ourense presenta a Teresa Barge, rexedora da Bola, e Avelino de Francisco, o seu homólogo de Cortegada, como cabezas de cartel para as municipais de 2015.
A Marchas da Dignidade conflúen cun mar de loitas no Obradoiro
Milleiros de persoas maniféstanse en Compostela baixo o lema "pan, traballo e teito". O bombeiro Roberto Rivas, convertido en símbolo da loita contra os desafiuzamentos, ponlle voz ao manifesto e chama á unidade da esquerda social e política. Galería de imaxes e audio no interior.
Feijóo imita a Rajoy e prepara unha comparecencia 'á carta' sobre corrupción
Tras máis de corenta vetos o presidente da Xunta asegura que comparecerá no Parlamento pero non para abordar a trama Zeta, como pide a oposición, senón para "presentar" reformas legais en materia de control de posibles prácticas corruptas. Mentres, o PP anuncia que "renderá contas da súa xestión" cun mitin de todo o Goberno.
A Xunta desprazou 1.000 millóns en facturas durante o primeiro mandato de Feijóo
O Goberno galego teima no traslado de gastos dun ano a outro mentres o Consello de Contas volve advertir que esta práctica "supón o incumprimento do principio de anualidade orzamentaria" que marca a lei. O Executivo non atenderá en 2014, agás en servizos esenciais, ningunha factura posterior ao 14 de novembro.
Feijóo alega que hai prazas libres "nos albergues" ante a alerta de Cáritas a prol da vivenda digna
Cáritas reclama novas políticas de vivenda e medidas como "aluguer social ou ocupación de vivendas baleiras" para darlles respostas ás 3.600 persoas que dormen cada noite nas rúas galegas. O presidente da Xunta chama a "traballar" para "saber por que, se hai albergues que non se utilizan, hai xente que dorme na rúa". Audio no interior
O conselleiro de Educación, denunciado por "prevaricar" coas subvencións a colexios que segregan
Catro meses despois de que o Tribunal Supremo ditaminase, a instancias da CIG Ensino, que a Xunta incumpriu a normativa ao subvencionar colexios segregacionistas cando aínda era ilegal a Consellería non efectuou movemento ningún para tentar recuperar os cartos, que segundo o sindicato denunciante ascenden a uns 12 millóns de euros.
Feijóo revólvese ante a trama Zeta retorcendo as datas dun contrato do bipartito
O presidente da Xunta retruca á enésima petición de explicacións sobre a presunta rede corrupta asegurando que a Vicepresidencia do bipartito adxudicou un contrato de 65 millóns en funcións, aínda que datos do propio Goberno acreditan que non foi así. O xefe do Executivo revela que o xulgado que instrúe o caso reclama datos sobre cursos de formación dende o ano 2000 e pide a dimisión de Tania Sánchez, dirixente de IU en Madrid.
O PP impide tramitar unha lei de corresponsabilidade entre homes e mulleres
Os conservadores tomban a iniciativa do BNG que, apoiada por toda a oposición, apostaba por impulsar campañas de sensibilización para a corresponsabilidade e medidas como a atención domiciliaria a menores. O PP coida que "non achega nada novo" e reivindica a polémica Lei de Familia.
Unha empresa da trama Zeta recibiu un 30% máis de axudas tras o retorno do PP á Xunta
O Consello de Contas reflicte achegas a Gecreri por importe de 470.000 euros en 2010 e 360.000 euros en 2009. No ano en que comezou a investigación da presunta fraude a empresa logrou algo máis de 400.000 euros e, cando as indagacións xa estaban en marcha, outras entidades de Crespo seguiron sendo subvencionadas. O PP volve vetar que Feijóo compareza no Parlamento sobre o caso