Feijóo desdeña a Cáritas e nega problemas de nutrición infantil en Galicia
O presidente da Xunta acusa a AGE de "mentir" ao denunciar casos de malnutrición infantil a causa da pobreza e gábase do aumento de orzamentos da Renda de Inserción Social, a axuda de emerxencia que aumenta ou diminúe en función da demanda.
A cidadanía forza unha lei para dotar o hospital de Lugo dos servizos prometidos por Feijóo
Todo o arco parlamentario aproba a toma en consideración da ILP que reclama hemodinámica a tempo completo, radioterapia e medicina nuclear para o Hospital Lucus Augusti. O presidente prometeu que estarían funcionando en 2011.
O PP cárgalle 4.000 euros á Mancomunidade do Miñor tras perder un xuízo cunha edil do PSOE
Os conservadores aproban que o organismo supramunicipal pague o avogado e o procurador que os asistiu na demanda interposta pola socialista, á que a policía lle impediu o paso a unha sesión plenaria sen que o alcalde de Nigrán "fixese nada" para evitalo.
A árbore musical de Roi Casal, dona do seu destino
O músico de Catoira presenta o seu cuarto disco en solitario, que xa xira polo mundo sen "límites", asegura. A primeira oportunidade de escoitalo ao vivo será o vindeiro día 2 no Teatro Principal de Compostela. Vídeo no interior.
Galicia bate récords de depósitos nos bancos, que pecharon 600 oficinas en tres anos
A poboación galega rematou o 2013 con case 54.000 millóns depositados nos bancos, un máximo histórico que se produce mentres os préstamos seguen en caída libre, cun descenso interanual do 9%. O país segue sendo fornecedor neto de crédito para o resto do Estado.
O Goberno de España non ve violencia machista no asasinato dunha prostituta
O Executivo central respóndelle ao PSOE que a agresión dun militar en Melilla contra unha muller que exercía a prostitución non é violencia de xénero porque non existía vínculo afectivo. Os movementos feministas alertan do silenciamento destes casos, que non adoitan figurar nas estatísticas oficiais.
O PP propón que a UE non sancione por incumprir os prazos de limpeza das rías
O treito galego do programa dos conservadores para as eleccións de maio, redactado só en castelán, advirte de que aproveitarán o contexto europeo para realizar unha "firme defensa da unidade de España" e sitúan o Camiño de Santiago como unha das principais "vantaxes competitivas" de Galicia.
Primavera de dignidade multicor
A columna galega camiña pola capital española xunto ás demais comitivas procedentes do resto do Estado na manifestación central das Marchas da Dignidade baixo unha férrea vixilancia policial. Atendendo á superficie ocupada pola mobilización, esta foi secundada por máis de 500.000 persoas. Galería de imaxes e vídeo no interior
Galicia en precampaña: con quen ir a Europa?
O BNG presenta a súa candidatura como a da "cidadanía que se rebela" e Paulo Carlos López imponse nas primarias de Compromiso. Mentres, Feijóo carga contra todas as demais forzas políticas e sentencia que os seus programas carecen de "importancia".
Besteiro empeza polas contas o saneamento do PSdeG
O secretario xeral do PSdeG comeza o seu primeiro Comité Nacional tras ser elixido explicando que a débeda do partido supera os 2 millóns de euros e apelando a "non avivar o lume que nos impediu ser unha alternativa crible"
Así preveñen os concellos galegos os desastres naturais na Habana
O Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade impulsa a rehabilitación dun observatorio meteorolóxico cubano para "concienciar a poboación sobre as treboadas tropicais e os furacáns".
A Xunta desenténdese dos recortes laborais nas empresas que contrata
O Goberno galego respóndelle ao BNG que é "alleo ás relacións laborais" dunha empresa de seguridade contratada por Educación que recortou o salario do seu persoal. Mentres, Rueda mantén que o Executivo xa aplica cláusulas sociais na súa política de contratación.