"O sentimentalismo foi o pegamento do consenso autonómico"
ENTREVISTA A profesora Helena Miguélez-Carballeira presenta Galiza, um povo sentimental?, o estudo no que analiza o peso do sentimentalismo na construción dunha identidade galega feminizada para afastala da política. "Todos os nacionalismos foron patriarcais na súa xénese", advirte, mentres salienta o "discurso desmobilizador" que se "practica no nome da cultura galega".
A Xunta merca traxes novos para os choferes dos coches oficiais por quinta vez en cinco anos
A Vicepresidencia do Goberno galego gastará ata 163.000 euros en renovar os uniformes dos seus condutores e condutoras. O gasto total nestas prendas dende 2010 achégase ao millón de euros.
Rajoy mantén no conxelador o salario de quen non ten salario
O Goberno de España publicita a subida do salario mínimo inteprofesional en pouco máis de tres euros para 2015 mentres mantén intacto por quinto ano consecutivo o IPREM, indicador empregado para calcular boa parte das prestacións e axudas sociais.
Así retrocede a innovación en Galicia
Oito dos doce indicadores de innovación estudados polo IGE caeron entre 2009 e 2012 en Galicia. Entre chamadas ao "cambio de modelo produtivo" retroceden as cifras de investimento público e privado en I+D+i ou as actividades innovadoras no ámbito empresarial.
O recorte á lei do hospital alimenta a treboada no PP de Lugo
O pulso entre Raquel Arias e Elena Candia como posibles aspirantes do PP á Deputación lucense reaviva os tempos de tensión entre Barreiro e Feijóo mentres o líder popular no Concello lucense, Jaime Castiñeira, sofre a erosión das críticas polo incumprimento das promesas de instalar os servizos pendentes no HULA
A Xunta gábase da súa resposta tardía á UE sobre a pesca do xeito
A Consellería do Mar difunde un comunicado para sinalar que a Comisión Europea lle "agradece" un informe sobre a centenaria arte de pesca, a piques de ser prohibida pola tardanza en informar dos gobernos galego e español. As autoridades comunitarias indicáronlle aos xeiteiros que, cando redactaron a súa proposta, non tiñan "ningunha" información.
Mato admite que recibiu un bolso da trama Zeta, pero "non ten nin marca"
A conselleira de Traballo xustifica a aceptación dun presente en 2010 porque "non había normativa" que o impedise, se ben a Lei de Transparencia veta os presentes alén da "cortesía" dende o ano 2006
Feijóo teima en que a emigración moza "non é o problema" malia ser o 60% da poboación que marcha
O presidente atribúe aos "agoreiros" a preocupación sobre a marcha de mocidade do país. Mentres, estatísticas oficiais acreditan que a xente nova é maioría entre quen deciden emigrar e reflicten que o saldo migratorio galego é negativo dende hai dous anos.
"Non hai evidencias de que as persoas con enfermidade mental sexan proclives á violencia"
FEAFES lamenta que medios de comunicación e responsables políticos liguen automaticamente o suceso do vehículo esnafrado contra a sede do PP en Madrid coas persoas con enfermidade mental. O colectivo apela á "prudencia" no canto de "contribuír a perpetuar estigmas e barreiras".
A UE agarda información da Xunta para decidir se investiga a trama Zeta
A comisaria europea de Emprego, Marianne Thyssen, confírmalle ao socialista José Blanco que as autoridades comunitarias agardan dende o pasado 10 de decembro por "información" dos cursos de formación presuntamente fraudulentos para decidir se inician unha investigación propia.
Louzán, presidente do fútbol galego tras 70 campos de herba artificial
O titular da Deputación pontevedresa faise co control da Federación Galega de Fútbol entre acusacións de "clientelismo" e de uso da institución provincial para facer campaña. Na contorna da FGF fálase xa da posibilidade de que queira aspirar á Federación Española.
Ada Colau: "Cómpre ocupármonos das institucións para exercer a democracia real"
ENTREVISTA Tras anos de loita social contra os desafiuzamentos Ada Colau agora é un dos rostros visibles de Guanyem Barcelona, a plataforma cidadá que aposta por "recuperar" a capital catalá. De visita en Galicia para compartir senllos actos con Anova e a Marea Atlántica, Colau apela a "actualizar as formas de participación" e á "altura de miras" nos procesos de confluencia. Subliña que "gañar de verdade é que, goberne quen goberne, se faga o que a cidadanía queira".