180 euros por ver no Obradoiro o remate da Vuelta
A empresa Unipublic, propietaria da Vuelta Ciclista a España, prepara espazos "VIP" para a fin da carreira, que este ano celebra a súa derradeira tirada en Compostela. Entre as ofertas figura un "espazo privado" en pleno recinto público.
As oficinas de emprego fracasan como vía para atopar traballo
Máis de nove cada dez persoas que saíron do paro en Galicia por colocación dende o inicio da crise fixérono sen unha chamada do Servizo Público de Emprego. As baixadas do paro rexistrado por non renovación da demanda acadan cifras históricas.
Unha Galicia de récord (na débeda)
A débeda galega supera por primeira vez os 10.000 millóns de euros e o incremento acumulado dende 2009 chega ao 107%. A Consellería de Facenda asegura que a Xunta reducirá o endebedamento no que queda de ano.
O Estado volve desmentir a Feijóo e constata os recortes sanitarios en Galicia
O Tribunal de Cuentas ratifica que a vaga de recortes rompeu unha "tendencia histórica de crecemento" do investimento sanitario e certifica que a Xunta é a terceira administración autonómica con menor gasto en sanidade por habitante.
A "esmorga" na que o director do Igape "avalou" a mina de Corcoesto "sen coñecela"
AGE revela un treito do recurso de Edgewater contra o veto á explotación por razóns económicas no que a empresa asegura que o responsable do Instituto Galego de Promoción Económica apoiou o proxecto "sen coñecelo" durante unha cea con investidores.
Galicia, no 'podio' de persoas dependentes sen atender
O Tribunal de Cuentas certifica que a Xunta é o terceiro goberno autonómico con maior porcentaxe de dependentes con prestación concedida pero que aínda non a reciben. O atraso galego supera en 11 puntos a media estatal.
O PP tenta reproducir en Monforte o seu escándalo de Santiago
O Concello monfortino insta a voceira municipal dos conservadores a "rectificar" publicamente a acusación de irregularidades no pagamento da factura dun avogado. En caso contrario, o goberno local "autoinculparase" na Fiscalía e demandará a edil por "difamación". O alcalde, Severino Rodríguez (BNG), lamenta que o presidente da Xunta "falte ao respecto" á cidade da Ribeira Sacra sen antes "verificar" os datos.
AGEe, Os Pobos Deciden e Podemos compartirán grupo na Eurocámara
Lidia Senra, Josu Juaristi e Pablo Iglesias participan na xuntanza de constitución do grupo GUE/NGL cuxa presidenta, Gabbi Zimmer, se amosa "feliz" por recibir novos membros que farán que a esquerda teña unha "voz forte" no Parlamento Europeo.
O PP accede a cumprir a lei e pagar a Risga en prazo
O Parlamento aproba por unanimidade unha iniciativa do BNG para "axilizar" o pagamento da Renda de Inserción Social, un subsidio para persoas en risco de exclusión que está a tardar en ser concedido ata oito meses. Dende 2010 duplicáronse as persoas que a perciben.
Feijóo, exasperado, dispara contra todos tras o colapso de Santiago
O presidente da Xunta esixe as dimisións dos alcaldes de Lugo e Ourense mentres asegura non "escudarse en miserias" alleas. O xefe do Executivo equipara casuísticas de Ames, Vilalba ou Andalucía co acontecido en Compostela tras a chegada ao poder de Conde Roa, da que o responsabiliza a oposición.
Hernández afánase en vender "normalidade" en Compostela
Feijóo proclama a apertura dunha etapa "nova" e "longa" no Concello de Santiago coa chegada de Agustín Hernández, que tomará posesión arredor do 1 de xullo, tres anos despois da chegada ao goberno local de Gerardo Conde Roa.
Os 'Feijóos' de Compostela fallan dúas veces
O PP presentou os seus candidatos en 2011 como "315 Feijóos". A arriscada candidatura de Compostela, encabezada por Gerardo Conde Roa, vén de provocarlle ao presidente da Xunta a súa peor crise política dende a publicación das fotos con Marcial Dorado. Vídeos no interior.