A xuíza da Pokémon imputa o alcalde de Ferrol ao sospeitar que Véndex lle pagou viaxes
Pilar de Lara imputa por suborno o alcalde de Ferrol e presidente da Fegamp, José Manuel Rey, cunha providencia na que cita nas mesmas condicións a José Luis Baltar, a ex cargos locais do PSdeG e a un ex edil do BNG na Coruña. Vixilancia Aduaneira vixilou en 2011 contactos entre a empresa e o rexedor ferrolán, que nega calquera irregularidade e asegura coñecer só "de vista" a un dos presuntos líderes da trama.
Golpe de Rajoy á emancipación xuvenil coa fin da dedución fiscal por aluguer
Montoro, que negou hai dez anos a burbulla inmobiliaria, presenta o anteproxecto de reforma fiscal, na que inclúe a fin dos descontos no IRPF para as persoas que vivan nunha vivenda alugada. O 60% da mocidade galega vive aínda na casa dos pais.
A Mineira de Corcoesto revíraselle á Xunta
A empresa canadense que pretende explotar os xacementos auríferos de Bergantiños amaga con reclamarlle á Xunta 20 millóns de euros por frear o proxecto apoiándos en motivos económicos e fai públicas conversas co director do Igape. Salvemos Cabana critica o "ataque" da compañía contra o Goberno galego.
A fundación do PP logra medio millón de euros de cooperación ao desenvolvemento
O Ministerio de Exteriores adxudícalle á FAES o 60% dos cartos que distribúe entre as fundacións dos partidos políticos baseándose no número de escanos de cada formación e nunha valoración técnica. A fundación do PSOE supera os 250.000 euros e a do BNG queda en 2.500.
Quen "dana" o Concello de Compostela?
O próximo alcalde da capital carga contra PSdeG e BNG por prever levar á Xustiza a composición do goberno municipal, que estará formado maioritariamente por persoas non electas.
A Xunta rexeita que o galego se reduza no ensino pero négase a publicar os datos
A Consellería de Educación responde ao estudo d'A Mesa e ás reclamacións da RAG negando que exista unha "deriva desfavorable" para o idioma nas aulas sen ofrecer unha soa cifra. En 2012 o Goberno admitiu que ao chegar ao poder sabía que a situación da lingua era "moi desfavorable" aínda que en público dicía o contrario.
O Tribunal de Contas detecta "ocultación de déficit" nunha empresa da Xunta
O ente fiscalizador reprocha que o Goberno galego non lle remitise información de varios organismos públicos e ratifica as "deficiencias" na xestión do Xacobeo 2010 que xa detectara o Consello de Contas.
A RAG urxe a Xunta a atallar o "deterioro" do galego no ensino
A Real Academia Galega diríxese á Xunta para instala a cumprir o denominado decreto do plurilingüismo e avaliar a situación da lingua propia nas aulas. A reclamación chega dous días despois de que A Mesa constatase que só 7 colexios urbanos dan aulas de infantil en galego.
O Sergas ocúltalle ao Parlamento canto persoal traballará no verán do récord de peche de camas
A Consellería de Sanidade evita aclarar canto persoal cubrirá as vacacións dos seus profesionais durante o período estival, no que pechará 1.095 camas nos hospitais galegos.
Santiago, paralizado ata a chegada do goberno non electo
O pleno compostelań, con só catro dos 13 membros que debería ter o PP, oficializa as renuncias e dimisións e dálle luz verde á incorporación do gabinete de Agustín Hernández. Currás tenta adiar o pleno ordinario de xuño, que tería que afrontar de novo coa bancada do goberno practicamente baleira. Unha plataforma cidadá traballa en mobilizacións contra a corrupción. Audio no interior
Así é a enxeñaría contable da Xunta
O Tribunal de Cuentas ratifica o desprazamento de facturas de 2010 a 2011 e reprocha a 'maquillaxe' dos Orzamentos a través de sobrevaloracións de partidas ou controis deficientes. O organismo fiscalizador dubida das cifras de tesouraría e salienta que existiron modificacións de créditos sen cartos para facelas.
O galego, relegado a un 2% das aulas de infantil nas cidades
Só Compostela e Ourense teñen algún colexio no que o galego é maioritario, segundo un estudo d'A Mesa. Marcos Maceira censura o "desprezo" da Xunta pola lingua propia e alerta de que o proceso de "eliminación do galego do sistema educativo" está a ser "acelerado".