O PP accede a cumprir a lei e pagar a Risga en prazo
O Parlamento aproba por unanimidade unha iniciativa do BNG para "axilizar" o pagamento da Renda de Inserción Social, un subsidio para persoas en risco de exclusión que está a tardar en ser concedido ata oito meses. Dende 2010 duplicáronse as persoas que a perciben.
Feijóo, exasperado, dispara contra todos tras o colapso de Santiago
O presidente da Xunta esixe as dimisións dos alcaldes de Lugo e Ourense mentres asegura non "escudarse en miserias" alleas. O xefe do Executivo equipara casuísticas de Ames, Vilalba ou Andalucía co acontecido en Compostela tras a chegada ao poder de Conde Roa, da que o responsabiliza a oposición.
Hernández afánase en vender "normalidade" en Compostela
Feijóo proclama a apertura dunha etapa "nova" e "longa" no Concello de Santiago coa chegada de Agustín Hernández, que tomará posesión arredor do 1 de xullo, tres anos despois da chegada ao goberno local de Gerardo Conde Roa.
Os 'Feijóos' de Compostela fallan dúas veces
O PP presentou os seus candidatos en 2011 como "315 Feijóos". A arriscada candidatura de Compostela, encabezada por Gerardo Conde Roa, vén de provocarlle ao presidente da Xunta a súa peor crise política dende a publicación das fotos con Marcial Dorado. Vídeos no interior.
Feijóo envía Agustín Hernández a apagar o incendio de Santiago
Os escándalos xudiciais e de presunta corrupción avocan a capital de Galicia a ter o seu terceiro rexedor do mandato. Currás perde o tirapuxa coa dirección do partido pero deixa no aire se continuará como concelleiro.
A Xunta ignora canta auga consome ENCE dende 2011
O Goberno galego facturoulle á papeleira da ría de Pontevedra algo máis de millón e medio de euros en concepto de canon da auga dende o segundo semestre de 2012.
"A situación en Santiago é de desgoberno total"
Antón Barba, presidente da Xunta de Persoal do Concello de Santiago, asegura que os traballadores e traballadoras da institución levan tres anos sentíndose "perseguidos e con medo" a represalias do goberno local do PP, que lle causou un "dano terrible á institución" co seu xeito de actuar e cos seus problemas coa xustiza. O persoal cre que "o mellor sería unha intervención" do consistorio ata as vindeiras eleccións.
O Estado cobra case 600 euros por cada multa en manifestacións galegas
A Policía iniciou 61 expedientes en manifestacións convocadas en Galicia durante o ano 2013, das cales case medio cento remataron en sancións firmes.
Bandeiras azuis: máis negocio turístico que medio ambiente
Organizacións de defensa do medio ambiente alertan de que a concesión dos galardóns depende dunha organización privada da que a Comisión Europea se desligou hai quince anos por falta de rigor e que non ten en conta criterios ecolóxicos. A propia entidade que as concede recomenda non adxudicalas a espazos de alto valor ambiental.
Gobernar Santiago sen que se note
Feijóo tenta desligarse o máis posible do goberno do seu partido na capital de Galicia, cuxo alcalde reitera que non dimitirá e prevé presentar o luns un gabinete inzado de persoas que non se presentaron ás eleccións. "Pregúntenlle ao alcalde", di o presidente.
Sete de cada dez novas empresas galegas son fundadas por homes
Os sectores con maior presenza de empresarias non chegan ao 35% de mulleres na creación de novas sociedades mercantís. No que vai de 2014 naceron 2.500 compañías no país e só 665 tiveron mulleres entre as súas fundadoras.
"O PP castiga con multas as persoas famentas"
O BNG da Coruña acusa o goberno de Carlos Negreira de "loitar contra os pobres e non contra a pobreza" ao figurar por primeira vez multas por "manipulación de contedores do lixo" na memoria da policía local.