A mortalidade por infarto en Lugo duplica a media estatal
O INE certifica en Lugo 76 mortes por infarto por cada 100.000 habitantes e 35 na media do Estado. A unidade que atende estas doenzas no Hospital Lucus Augusti só atende en horarios de oficina malia ás peticións veciñais e do propio Servizo de Cardioloxía do centro sanitario.
"A rúa é perigosa porque non hai nenos nela, está abandonada"
O psicopedagogo Francesco Tonucci repasa en Galicia o seu modelo urbano, baseado en cidades no que a infancia sexa "prioritaria" fronte "aos coches", e as súas aplicacións prácticas en urbes como Roma ou Pontevedra.
A esixencia de seguridade na A-8 irrompe no maratón preelectoral de Fomento e a Xunta
O alcalde de Mondoñedo aproveita a sinatura dun convenio con Pastor e Feijóo para pedir medidas que eviten novos sinistros como o accidente múltiple do pasado verán en Abadín. O presidente e a ministra inauguran a terceira rolda da Coruña e afirman que xa é posible ir de "Madrid a Riazor" sen pasar por "ningún semáforo".
O PP advirte de que "un caos liderado por Podemos" e "os comunistas" ameaza Ferrol
Feijóo presenta o seu candidato ferrolán nun mitin monolingüe en castelán como única alternativa de "estabilidade". Rey Varela promete emprego para "todos os ferroláns" no porto de Caneliñas e o PSdeG pídelle explicacións polos despedimentos no recinto feiral.
A investigación ao 'conseguidor' da trama Zeta reaviva a presión sobre Feijóo
Besteiro esixe que o presidente compareza no Parlamento ao transcender que a xuíza que instrúe o caso da presunta fraude na información ordenou investigar o empresario Pachi de Lucas, amigo do titular da Xunta e considerado enlace entre a trama e os políticos.
A Xunta pecha o ano do récord da débeda incrementándoa un 8%
Durante 2014 a débeda galega chegou a superar os 10.000 millóns e rematou o ano en 9.961, un 152% máis que en 2008. O Goberno galego errou na súa previsión sobre o peso da débeda para o final de 2014.
Noriega: "A nosa vocación non é repartir migallas, é gañar"
O aspirante a optar a alcaldía de Santiago por Compostela Aberta aposta por crear un novo "espazo político" entre a capital e os concellos limítrofes e manifesta a súa intención de continuar como rexedor de Teo "ata maio".
A Xunta destina 2 millóns máis a anuncios promocionais da súa política económica
A Consellería de Economía acumula dende 2011 máis de cinco millóns de euros de gasto en campañas publicitarias sobre a súa acción. A campaña terá que basearse en que "o Goberno galego está a traballar no asentamento dunhas bases sólidas" para "fortalecer a economía"
Martiño Noriega preséntase para ser candidato de Compostela Aberta á alcaldía de Santiago
O coportavoz nacional de Anova e ata agora rexedor de Teo aposta por liderar a lista da plataforma compostelá ás municipais de maio. Branca Novoneyra, Xan Duro ou Manuel Dios, entre as persoas candidatas á lista.
Feijóo contradí os datos oficiais para unirse á euforia económica de Rajoy
O presidente da Xunta secunda o seu xefe de filas e asevera que "España é o país que máis medrou en 2014 de toda a UE" aínda que Eurostat acredita que nove economías da Unión medraron máis. Os crecemento galego do pasado ano sitúase nos últimos postos da Europa comunitaria.
Feijóo elude responder polo fiasco da autorización irregular a Pescanova en Touriñán
O presidente da Xunta saca peito pola venda das antigas caixas despois de que Banesco xa gañe máis do investido e gábase dos datos de crecemento económico malia botar por terra as previsións do seu Goberno.
Feijóo endurece a precampaña no bosque de Hernández
O presidente da Xunta planta un bidueiro no Gaiás a poucas semanas de que os actos de autobombo fiquen prohibidos e suxire que os seus predecesores no cargo malversaban cartos públicos nas viaxes de partido