Prohibir xudicialmente a asistencia a calquera manifestación é ilegal
A Audiencia de Barcelona tomba a prohibición acordada por un xulgado contra un cidadán cuxa asistencia a protestas foi vetada tras os incidentes de Can Vies. A prohibición "carece de soporte legal" e, aínda que a lei o prevese, "tería severos problemas de encaixe constitucional"
Feijóo quixo ilegalizar as reformas electorais sen consenso
O actual presidente da Xunta propuxo en 2007 que o Estatuto de Autonomía impedise modificar a Lei de Eleccións sen o apoio de, cando menos, dous terzos do Parlamento. Antes, en 2006, instaba o bipartito a non executar un cambio nas normas electorais se non o apoiaba a "unanimidade" dos grupos.
Apoiarías un cinema cooperativo con libraría no centro de Compostela?
A cooperativa NUMAX, impulsada por profesionais do audiovisual, lánzase á procura de avalistas para poñer en marcha, a comezos de 2015, unha sala de cinema e un espazo creativo en Santiago.
O 94% dos contratos de agosto en Galicia foron temporais
Galicia é a autonomía na que máis descenderon as inscricións nas oficinas de emprego durante o mes de agosto, se ben nos contratos asinados preponderan a temporalidade e o sector servizos. A Xunta enmarca as cifras na recuperación económica e os sindicatos alertan da precariedade laboral.
A xuíza da Pokémon investiga a "procedencia" das fotos de Feijóo e Marcial Dorado
Pilar de Lara encarga un informe para determinar se as imaxes do presidente da Xunta co narcotraficante proceden dunha investigación xudicial. Faino tras interrogar o irmán de Paula Prado, quen asegurou, segundo as gravacións da investigación, que coñecía as imaxes un ano antes de seren publicadas.
Vinte consellos da ONU para que as vítimas do franquismo teñan "verdade, xustiza e reparación"
O Relator Especial da ONU que visitou o Estado Español a comezos de ano para avaliar o xeito en que se aborda a memoria histórica presentará o vindeiro día 10 un crítico informe coas autoridades. Pablo de Greiff lamenta os obstáculos da Lei de Amnistía e a prevalencia da lectura franquista sobre o acontecido e, ao tempo, eloxia iniciativas como o proxecto galego Nomes e Voces.
"A prensa ten que denunciar os asasinatos de mulleres, non culpabilizalas"
Un informe da Rede de Mulleres contra o Maltrato de Vigo destaca a diferenza de tratamento mediático entre as novas sobre violencia machista e aquelas nas que unha muller agrede outra persoa. O colectivo apela aos códigos deontolóxicos e chama a desterrar prácticas como destacar a inexistencia de denuncias previas ou a suposta "xentileza" dos agresores. Galería de exemplos no interior
O PP, encastelado en romper a baralla electoral: "Non hai quen nos pare"
Feijóo defende con vehemencia ante Rajoy o plan para ilegalizar os gobernos locais de coalición. O presidente do Goberno de España eloxia á "maioría silenciosa" ante os seus recortes na "apertura do curso político", que o dirixente conservador volve situar en "Sotomayor".
Os libros de texto encarecen por riba do IPC mentres a Xunta apela á "solidariedade"
As empresas editoras agardan que no curso 2014/2015 os prezos dos manuais escolares suban un 0,8%. A Consellería de Educación négase a retornar ao modelo de préstamo, como recomenda a Defensora del Pueblo, pero insta a "estender" os bancos de libros das ANPAS, creados para paliar os recortes.
Menos paro (pero non máis traballo) na suposta saída da crise
A poboación activa galega vén reducíndose sistematicamente dende hai dous anos e, entre o primeiro e o segundo trimestre de 2014, unhas 4.000 persoas que deixaron de figurar como desempregadas non se sumaron ao rexistro de ocupación. Entre a poboación menor de 25 anos as cifras de ocupación e paro son practicamente idénticas.
A lei electoral galega, un traxe á medida fiado por Fraga e Feijóo
Feijóo disponse a recortar o Parlamento en solitario vinte anos despois de que Fraga limitase unilateralmente a entrada de forzas minoritarias. As guías internacionais de boas prácticas electorais recomendan que as leis de eleccións estean apoiadas pola oposición e non muden menos dun ano antes dos comicios.
Cinco mensaxes á mocidade que fomentan a violencia machista
Un estudo da unidade de Psicoloxía Preventiva da UCM con adolescentes de todo o Estado advirte da importancia das idades temperás para erradicar as agresións de xénero. Mozos e mozas aínda están excesivamente expostos a "consellos" prexudiciais, como os que identifican os ciumes co amor.